Lúa rosa de abril: que é e onde podes vela

Recibe este nome polas flores da primavera de América do Norte, chamándose tamén Lúa de Espertar ou Lúa de Ovo

A lúa chea é un dos fenómenos máis fascinantes que podemos observar dende a Terra sen dificultades. A próxima terá lugar este xoves Santo, ás 06:37 hora peninsular, e se poderá ver ata o venres. Recibe o nome de “Lúa rosa”, sen embargo, non ten que ver coa súa cor xa que a súa apariencia será a habitual. A denominación débese á flor da primavera, coñecida como phlox musgoso ou phlox silvestre. Estas flores son orixinarias de América do Norte e florecen neste mes, coincidindo coa lúa chea.

Como é habitual, dependendo da rexión existen outras acepcións para denominar á lúa deste mes: Lúa de espertar, Lúa de xeo rompendo, Lúa en ciernes ou Lúa de ovo. Segundo o Centro de Estudos americanos, indíxenas da Rexión dos Grandes Lagos denomínana como Popogami Giizis ou Broken Snowshoe Moon (Lúa con raquetas de neve rotas).

Publicidade

Na costa oeste de América algúns nativos tamén a chamaban Lúa dos salmóns, xa que é a época cando estes peixes nadan río arriba para poñer os seus ovos. En China coñécese como Lúa de peixe. Tamén, a lúa chea de abril recibe o nome de Lúa de Pascua pola súa relación coa celebración relixiosa, como é no caso da Península.

Onde ver a lúa?

En primeiro lugar, é importante contar cunhas boas condicións atmosféricas. Neste caso, Semana Santa brindará bo tempo en Galicia, así que poderase apreciar sen dificultade. O máis aconsellable é acudir a un entorno sen contaminación lumínica e cos ollos acostumados media hora á escuridade. Aínda que non sexa rosa, a lúa será brillante. Co cal, pódese aproveitar a oportunidade para tomar grandes fotografías. O emprego de telescopio facilitará a vista máis detallada da Lúa.

Publicidade

Tras a Lúa rosa, a próxima ocurrirá o 5 de maio, chamada Lúa de plantación de millo ou Lúa de leite, que se moverá ata a sombra exterior da Terra dando lugar a un eclipse luar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mito da ‘lúa de amorodo’: nin é rosa nin un evento astronómico inusual

O fenómeno debe o seu nome a unha tradición que provén dos Estados Unidos e, pola súa posición, parecerá algo máis grande

O pico de actividade das Oriónidas coincidirá cunha Lúa case chea

O paso da Terra pola órbita do cometa Halley traerá unha chuvia de estrelas, cuxo pico de actividade terá lugar o 21 de outubro

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea

Como ver a Lúa de Flores, o fenómeno astronómico do mes

O satélite tamén producirá unha eclipse lunar, pero non se verá dende Galicia porque entrará no cono de penumbra da Terra