O incremento das restricións por covid reduciu a transmisión nun 22% á semana

O estudo con participación galega recompila información sobre todas as medidas impostas entre setembro de 2020 e maio de 2021

As restricións impostas para o control da pandemia da COVID-19 asociáronse a unha diminución importante na transmisión do coronavirus en España, estimando que ao incrementar un 34% a intensidade das medidas reduciuse a transmisión nun 22% á semana. Así se conclúe no estudo publicado pola revista Frontiers in Public Health sobre a “Eficacia de intervencións non farmacéuticas en nove campos de actividade para diminuír a transmisión do SARS-CoV-2”.

Os resultados sinalan que as medidas adoptadas en materia de distanciamento social e restauración son especialmente eficaces, sobre todo en interiores, mentres que o efecto é menos evidente para outras, como as que afectan o lecer e á cultura, aos lugares de culto, ás celebracións relixiosas ou á práctica deportiva en interiores. Con todo, o estudo subliña que o efecto obtido das medidas aplicadas nalgúns ámbitos fronte a outros debe interpretarse con cautela porque estas medidas foron tomadas, xeralmente, de forma simultánea.

Publicidade

A investigación conta coa participación dos investigadores do CITIC da UDC Ricardo Cao e Inés Barbeito que xunto con científicos do Instituto de Saúde Carlos III, os Ministerios de Sanidade e Economía, as universidades da Coruña, Cádiz e a Complutense de Madrid, recolleron e analizaron información sobre as medidas de restricións impostas en España desde o inicio da segunda onda da COVID (setembro de 2020) ata o final do estado de alarma (maio 2021).

Todo iso realizouse baixo o paraugas do comité de expertos de Acción Matemática contra o Coronavirus do Comité Español de Matemáticas (CEMat), unha iniciativa creada para atopar solucións ante a crise sanitaria da COVID-19, achegando conclusións e recomendacións desde o ámbito das matemáticas. Precisamente, Ricardo Cao foi un dos investigadores que liderou esta iniciativa, froito de cuxa colaboración se forneceron previsións de demanda de recursos hospitalarios de gran utilidade para a xestión sanitaria nos momentos máis críticos e realizouse un estudo profundo sobre o impacto das medidas non farmacéuticas, cuxas conclusións se recollen agora na citada publicación científica.

Publicidade

Medir intensidade e ámbito

Os investigadores analizaron a intensidade das medidas, incluíndo datos a nivel provincial e municipal, de forma que crearon un índice de restrición que representase entre 0 e 1 a intensidade día a día nos diferentes ámbitos e cada unha das provincias. Os resultados obtidos apuntaron como especialmente efectivas as medidas tomadas en distancia social e restauración, sobre todo, en interiores. Ademais, o equipo puxo toda a información recollida na web NPI-Spain para estimular e facilitar a investigación dos efectos das medidas de restrición e poder ter maior coñecemento sobre o seu impacto, algo fundamental para enfrontar futuras situacións similares.

A iniciativa

A colaboración entre o Comité Español de Matemáticas, o Instituto de Saúde Carlos III e o Ministerio de Sanidade xurdiu tras a oferta por parte da comunidade matemática ás autoridades sanitarias nos momentos máis críticos da pandemia para poñer a súa disposición, de forma completamente desinteresada, as potentes ferramentas de simulación e análise de datos actualmente existentes e a capacidade de análise e modelización dos grupos de investigación en Matemáticas para avanzar na comprensión da COVID-19.

Para a comunidade matemática, representada polo Comité Español de Matemáticas, a experiencia foi moi positiva. Espérase que teña unha proxección en futuras colaboracións e na sensibilización do persoal investigador en Ciencias da Saúde sobre o enorme potencial que teñen as Matemáticas para avanzar na comprensión de fenómenos complexos que constitúen algúns dos principais desafíos da investigación en materia de saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade rexistra un aumento na incidencia da gripe e a covid

As taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos aumentaron un 24,5 % e un 88,9 %, respectivamente, en comparación coa semana anterior

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento

A UDC crea unha plataforma de IA para personalizar o tratamento da incontinencia urinaria feminina

O proxecto XINE-IA combinará datos clínicos, tecnoloxías terapéuticas e experiencia de pacientes para apoiar aos profesionais sanitarios