Unha gran borrasca atlántica provocará unha caída térmica de ata 10 graos a finais de semana

O mércores aumenta a nubosidade e a partir do venres prevense chuvias débiles e temperaturas que non superarán os 18 graos

Esta semana vén marcada polos contrastes. Arrinca con temperaturas propias do verán, superando os 30 graos en Ourense, e rematará con precipitacións e unha forte baixada das temperaturas. Segundo explica o meteorólogo Mario Picazo, unha gran borrasca atlántica traerá chuvia a partir do venres. A fronte entrará por Galicia e irase estendedo polo resto do territorio ata chegar ao Mediterráneo. Tamén se espera que se produza un forte descenso térmico, con máximas que non superarán os 18 graos durante a fin de semana. É dicir, unha baixada de 10 graos.

Segundo indican dende o portal Meteored, estamos a experimentar “altibaixos térmicos” —con días de calor de verán e outros nos que a temperaturas son máis suaves— propios da primavera. Dende o servizo meteorolóxico confirman o prognóstico dado por Picazo dende Eltiempo.es, con ceos pouco nubosos e temperaturas elevadas na vertente atlántica a comezos de semana, e cun cambio de tempo na segunda metade. “O mércores aumenta a nubosidade, con nubes baixas e bancos de néboa matinais no norte. As temperaturas baixarán no extremo noroccidental”, indican.

Publicidade

Será a partir do venres cando se noten os cambios máis bruscos. De feito, na segunda metade da xornada prevense chuvias débiles en Galicia e temperaturas que non superarán os 18 graos. Segundo Meteogalicia, entraremos nunha “área atmosférica algo máis indefinida” que provocará o descenso térmico e o aumento da nubosidade e das posibilidades de precipitación o venres e o sábado. Xa de cara á vindeira semana, tamén se espera que a influencia dunha borrasca traia máis precipitacións na segunda metade de abril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que sabemos (e que non) do suposto gromo de peste pneumónica en Rusia

O falecemento dunha traballadora dun laboratorio de bioseguridade na cidade de Irkutsk levanta polémica ante a opacidade do goberno

Arranca un ensaio clínico para avaliar a vacina combinada fronte á gripe e a covid en maiores de 65

O proxecto chámase Combogal e agárdase que participen nel 110.000 persoas entre a campaña que xa está en marcha e a da tempada 2027 - 2028

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Que é a salmonelose e como evitala? Un lote de ovos contaminado activa a alerta por 13 contaxios en España

Os produtos contiñan o patóxeno 'Salmonella enteritidis', que pode provocar, entre outros, febre, dor abdominal e diarrea