Unha iniciativa da USC promove o uso da auga termal para tratar a covid persistente

“A saúde é o que importa” é un ciclo que busca difundir entre a sociedade o valor terapéutico da balneoterapia

Baixo o título “A saúde é o que importa”, a Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia promove un ciclo destinado a difundir entre a sociedade o valor terapéutico das augas mineromedicinais. Esta iniciativa, que cumpre a súa 5ª edición, conta coa colaboración da Fundación Araguaney. 

A primeira sesión deste ano terá lugar a vindeira semana, o mércores 26 de abril. Celebrarase en Santiago, no salón Rahid do Hotel Araguaney, a partir das 19:30  horas, con entrada libre ata completar aforo. Consistirá nunha mesa redonda na que se abordarán as indicacións da cura termal na recuperación da Síndrome de Covid persistente. Ao remate da mesma, manterase un coloquio entre os expertos participantes e o público asistente.

Publicidade

Reuniranse expertos médicos e o colectivo galego de pacientes con Covid persistente

Como moderador desta mesa redonda actuará o director da Cátedra, o doutor Juan Gestal. Nela intervirán a doutora María Jesús Domínguez, médico internista da Unidade de Enfermidades Infecciosas do Hospital Clínico Universitario de Santiago, que abordará a clínica da Síndrome de Covid persistente. Pola súa parte, Isabel Quintana, representante do Colectivo Covid persistente de Galicia, falará da situación destes enfermos na nosa comunidade. Ademais, o doutor Antonio Freire, director médico do Balneario Iberik Augas Santas, afondará nos beneficios da cura balnearia na recuperación destes pacientes. 

O doutor Gestal sinala que “o obxectivo principal deste ciclo é dar a coñecer entre o conxunto da poboación as principais indicacións médicas que a balneoterapia ten na actualidade, coa participación de especialistas sanitarios de recoñecido prestixio”. En relación á Covid persitente, salienta que “os balnearios teñen longa experiencia no tratamento e recuperación dalgunas das complicacións muscoloesqueléticas e respiratorias que esta síndrome ocasiona, polo que poden ser de moita utilidade para estes pacientes”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico da covid persistente

O CiQUS desenvolverá ferramentas baseadas en proteínas que melloren a diagnose da enfermidade e avalíen a súa gravidade biolóxica

As mulleres teñen un 31% máis de risco de sufrir covid persistente

O grupo de entre entre 40 e 55 anos mostrou unha maior propensión a desenvolver síntomas prolongados tras a infección por SARS-CoV-2

A contaminación atmosférica asóciase a unha maior duración dos síntomas da ‘long covid’

As persoas con máis risco son as mulleres, as que teñen un baixo nivel educativo, aquelas con condicións crónicas previas e as que tiveron a patoloxía grave

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos