Un equipo da USC avanza no control da condutividade térmica dos cristais líquidos

O traballo elaborado polo CiQUS acaba de ser destacado na portada da revista Journal of Materials Chemistry C

A condutividade térmica nos cristais líquidos pode ser modificada tras dopar este material con moléculas de azobenceno e irradialo con luz. É a principal conclusión á que chega un novo estudo levado a cabo entre dous grupos do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela e que agora foi destacado na portada do último número de Journal of Materials Chemistry C.

Determinados desafíos actuais, por exemplo previr o sobrequecemento dos dispositivos electrónicos mediante a disipación térmica, poderían abarcarse mediante o deseño de novos materiais funcionais cuxa condutividade térmica poida ser regulable. Entre estes materiais de interese atópase a familia dos cristais líquidos, con aplicacións tan atractivas como as pantallas LCD de moitos aparellos electrónicos. O novo estudo demostra que as moléculas de azobenceno poden ser utilizadas para controlar a condutividade térmica dos cristais líquidos empregando luz ultravioleta.

Publicidade

“Os azobenzenos son un tipo de moléculas cuxa estrutura cambia coa luz, polo que ao engadilas ao cristal líquido o transporte térmico de todo o sistema pode ser modificado directamente se se irradia con luz” explica Noa Varela, doutoranda do CiQUS e primeira autora do estudo. “Dependendo da disposición molecular do cristal líquido, coa iluminación poderíase conseguir de maneira reversible un incremento ou unha diminución da condutividade térmica, a temperatura ambiente”. Dada a enorme variedade de cristais líquidos, o traballo xurdido da sinerxia entre os grupos de María Giménez e Fran Rivadulla abre novas posibilidades para o deseño de conmutadores térmicos efectivos a partir de materiais moleculares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Roubar a estabilidade dunha molécula ultra-estable durante unha fracción de segundo: así o estuda o CiQUS

O científico Luis M. Mateo recibe a prestixiosa Bolsa Branco Weiss que financiará o proxecto ‘PhthalocyanYnes’ con máis de 635.000 euros durante cinco anos

Par ou impar: unha soa molécula dunha cadea cuántica determina a interacción cun supercondutor

A investigación publicouse na prestixiosa revista 'Nature' e xorde dunha colaboración entre o CiQUS da USC e CIC nanoGUNE

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas