Volve ‘Regueifas de Ciencia’ cun debate sobre o cannabis

O encontro celebrarase o xoves 20 de abril ás 19.30h na Facultade de Comunicación da USC, con entrada libre ata completar aforo

O debate social, político e científico sobre a pertinencia da legalización do cannabis para uso medicinal e recreativo vén de lonxe, pero sigue estando de actualidade. Varios grupos parlamentarios presentaron nos últimos anos propostas de lei para legalizar o cannabis máis aló do consumo medicinal. 

Os colectivos a favor dan argumentos como unha mellora a nivel económico ou a redución da violencia, que se trata dunha droga con baixo nivel de adicción e practicamente inocua para a saúde e de efectos psicolóxicos leves e con aplicacións medicinais. 

Publicidade

Os grupos en contra, en cambio, sosteñen que o consumo de cannabis pode ser problemático. Argumentan que non hai ningún fármaco que se administre fumando. Alertan sobre os efectos que traería sobre a saúde mental a legalización, especialmente para a poboación adolescente con cerebros nunha etapa de desenvolvemento.

A legalización do cannabis é un asunto con moitas caras e o xoves poderemos escoitar a catro persoas expertas nun debate tipo Oxford, é dicir, cun moderador e tempos pautados. En contra da legalización estarán o médico e investigador especializado en cannabinoides do Laboratorio de Neuropsicofarmacoloxía IBIMA (Instituto de Investigación Biomédica de Málaga), Fernando Rodríguez de Fonseca, e o doutor en psicoloxía e profesor na Universidade de Vigo, experto en condutas aditivas, Manuel Isorna Folgar.

Publicidade

A favor da legalización participarán o psicólogo e doutor en farmacoloxía, director Científico Fundation ICEERS (International Center for Ethnobotanical Education, Research & Services), José Carlos Bouso Saiz, e a portavoz e presidenta da CatFAC (Federación de Asociaciones Cannábicas de Cataluña), Co-Fundadora de RdRLAB e REMA (Red Estatal de Mujeres Anti prohibicionistas en materia de las drogas), Patricia Amiguet Adell.

Declaracións

En declaracións previas ao debate José Carlos Bouso indicou que “segundo as enquisas do Plan Nacional sobre Drogas as medidas prohibicionistas non teñen conseguido reducir non so a demanda, senón tampouco a oferta. As prohibicións non conseguen terminar co mercado negro en mans do crime organizado dun produto de consumo humano. Unha regulación do cannabis trataría de limitar o consumo e diminuiría toda a violencia e corrupción política, xudicial e policial asociada ao crime organizado.”

Pola súa parte Fernando Rodríguez de Fonseca declarou que “se hai algunha substancia na que o mito vence á verdade, esta é o cannabis. Non é unha medicina, senón centos de compostos químicos, uns con actividade farmacolóxica e outros tóxicos. O cannabis non mata pero aumenta a esquizofrenia, altera o desenvolvemento cognitivo e cambia o funcionamento social. Os maiores consumidores están entre os 14 e 30 anos. Non estou encontra da felicidade química, pero se a queres a acabas pagando.”

Os debates poden ser seguidos en directo, por streaming ou velos gravados

Os debates de Regueifas de Ciencia, que se celebran no Auditorio da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, poden ser seguidos en directo dende a sala (entrada libre), por streaming en www.regueifas.org/streaming ou poden ser vistos despois na web ou a través da canle de YouTube. “Tratamos de facilitar que calquera persoa interesada poida ver os debates. Incluso poden preguntar aos relatores dende a casa e ser respondidos”, comentan dende o equipo organizador.

Ao longo das edicións anteriores tratáronse temas como a experimentación animal, a modificación xenética, industria alimentaria, enerxía nuclear, sobre o eucalipto, preguntámonos se debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre, sobre a industria química… e tamén sobre o clásico dilema da compatibilidade da ciencia e a fe. Para tratar estes temas, visitaron a sala de debate expertos dos diferentes campos, entre outros moitos JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Paloma Llaneza, Julio Basulto, Marta Peirano, Anna Veiga, Fernando Savater, Lluís Montoliú, Óscar Horta, Jorge Mira… e tamén caras moi coñecidas, como os polémicos Fernando Sánchez Dragó e Aubrey De Grey.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A física Yolanda Prezado, premio Wonenburger 2026 polos seus estudos en radioterapia

A Unidade de Muller e Ciencia da Xunta concede por unanimidade o galardón á investigadora galega, considerada unha referencia europea en protonterapia

Radiografía do cánnabis en adolescentes galegos: a supervisión familiar disuade o consumo

Un estudo da USC determina que fumar tabaco a diario e encontrarse nun ambiente familiar pouco afectuoso van asociados a un maior risco de consumo de cánnabis entre estudantes

Radiografía do piropo galego: da sedución á complicidade a través do humor

A investigadora Estela Fidalgo realizou un estudo con 100 persoas para coñecer como mudan as estratexias comunicativas nas relacións afectivo-sexuais

O alzhéimer canino existe: a galega que analiza cerebros de cans para anticipar o diagnóstico

A investigadora Belén Larrán estuda unha doenza que causa desorientación e ansiedade, e afecta máis da metade dos individuos maiores de 15 anos