A Xunta completa a dotación de equipamento innovador en máis de 80 aulas da Rede CeMIT

Este material ofrecerá experimentación co equipamento de robótica ou placas de programación, abrindo portas ás profesións do futuro

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completará ao longo deste mes a entrega do novo material innovador que está a ser distribuído nas 83 aulas e 82 entidades locais adheridas actualmente ao Plan de Reforma e Ampliación da Rede de aulas CeMIT (2022-2025). O obxectivo deste Plan é mellorar os servizos de capacitación e formación dixital dos centros CeMIT para adaptarse ás novas demandas da cidadanía.

A entrega deste equipamento innovador iniciouse o pasado 17 de febreiro achegando ás aulas CeMIT e tamén ao Centro GaiásTech un total de 130 impresoras 3D, 130 kits de robótica, 665 drons, 260 gafas de realidade virtual e 130 kits de placas de comunicación e programación. O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, explicou que a dotación está acompañada dun plan formativo de máis de 100 horas para os axentes TIC sobre as aplicacións e posibles usos destes dispositivos.

Publicidade

Este material permitirá ao persoal formador ofrecer experimentación cos equipamentos de robótica ou placas de programación fomentando a aprendizaxe STEAM e abrindo portas ás profesións do futuro. Ademais, eses novos dispositivos posibilitarán o desenvolvemento de novas actividades interactivas a través das lentes de realidade virtual,  aprender a pilotaxe de drons e a fabricación de aparellos con impresoras 3D.

O responsable autonómico tamén avanzou os seguintes fitos do Plan como a substitución dos equipos actuais de sobremesa por máis de 1.300 equipos All-in-One, ademais da adquisición de 20 unidades de dispostivos adaptados a persoas con capacidades diversas, 880 tabletas, 840 libros electrónicos e 84 complementos audiovisuais.

Publicidade

A distribución deste novo material completarase entre o último trimestre deste ano e o primeiro de 2024, grazas a un marco de Subministración de Equipamento Tecnolóxico para a Inclusión e Capacitación Dixital por un importe de más de 3,6 millóns de euros.

Preto de 110.000 usuarios da Rede CeMIT

Con esta liña de traballo, Amtega busca ampliar e mellorar a oferta formativa da Rede CeMIT, que conta con preto de 110.000 usuarios e supera xa as 511.200 horas de formación planificadas desde o seus inicios, e a mellora da adquisición de competencias dixitais por parte da cidadanía.

Por outra banda, o director da Axencia autonómica avanzou a convocatoria, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) da primeira edición do “Premio Axentes TIC da Rede CeMIT” co obxectivo de incentivar o uso do equipamento innovador, así como recoñecer e potenciar a labor das persoas dinamizadoras dos centros que poñan en marcha proxectos con carácter creativo, orixinal, interxeracional e inclusivo.

Esta iniciativa enmárcase na Estratexia Galicia Dixital 2030, elaborada pola Axencia autonómica,  concretamente no segundo eixo, Sociedade Dixital e inclusiva, que busca dotar ao conxunto da cidadanía da capacitación dixital necesaria para desenvolverse plenamente con confianza e seguridade no contexto dixital e non deixar a ninguén atrás.

A dotación deste equipamento nas aulas CeMIT terá unha especial repercusión nas entidades locais, especialmente do rural grazas á xestión, captación e aproveitamento de fondos europeos, concretamente fondos FEDER  21-27 e fondos REACT-EU.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

A Amtega ofrece un catálogo de servizos para unha dixitalización inclusiva nos concellos

A axencia da Xunta ofrece máis de 40 solucións que engloban ámbitos como a administración dixital, a xestión do territorio, a ciberseguridade e a capacitación da cidadanía para a Internet

Madrid adopta tecnoloxía galega para xestionar as súas explotacións gandeiras

Amtega mantense como referente da xestión de recursos agrogandeiros coa sinatura dun novo convenio para ceder o uso de sistemas da oficina virtual de gandería

Galicia será pioneira en reforzar a vacina contra a meninxite aos 12 anos a partir de maio

Sanidade incorporará ao calendario vacinal unha dose adicional na adolescencia para reducir contaxios e avanzar na erradicación da enfermidade