A UDC celebrou unha competición de ciberseguridade para promover o interese na disciplina

Participaron un total de 119 estudantes de toda España, algúns en modalidade virtual e outros dende as Universidades da Coruña e de Vigo

Máis dun cento estudantes de Bacharelato, Formación Profesional, Grao e Máster de centros educativos de España, organizados en 32 equipos, participaron na tarde do mércores 29 de marzo na segunda edición da CITIC Cyber Competition, unha competición no ámbito da seguridade informática organizada polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (USC) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) da Universidade de Vigo.

O evento contou co patrocinio da Cátedra R en Ciberseguridade e o apoio da Facultade de Informática da UDC, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo e o Máster Inter-Universitario en Ciberseguridade (MUniCS). A CITIC Cyber Competition contou con 119 estudantes, 50 dos cales participaron desde a sede do CITIC na Coruña, 29 desde a sede de atlanTTic en Vigo e 40 deles o fixeron en modalidade virtual. 

Publicidade

Competición CTF (Capture The Flag

A competición desenvolveuse en formato CTF (Capture The Flag) ou captura a bandeira, de modo que os e as participantes tiveron que resolver diferentes retos en ciberseguridade e no menor tempo posible “capturar a bandeira”. Durante 4 horas, os 32 equipos enfrontáronse a 21 retos relacionados con diversas temáticas como a esteganografía, é dicir, as técnicas que permiten ocultar mensaxes ou datos dentro doutros de xeito que non se perciba súa existencia; a ciencia forense ou o pentesting, unha práctica consistente en atacar un sistema informático coa intención de atopar as súas debilidades de seguridade. 

Publicidade

Os tres equipos gañadores foron premiados con galardóns de 1.000 €, 700 € e 400 € cada un. O equipo que máis puntuación obtivo foi XORprecha, composto por Ismael Melchor Juan, Esteban Segura Ripoll, Álvaro Manso Porteiro, Pedro José Navas Pérez e José Ángel Álvarez Sánchez; o segundo premio acadouno o equipo HackOn, formado por Orois García, Armando Nogueira Río, Rubén Pérez Jove, Gabriel Díaz Guimaraens e Olalla Rama García; e o terceiro premio recaeu no equipo CumbiaOnTheFlag formado por Anxo Otero Dans, Javier Pérez Arias, Julián González Muñoz, Javier Rodríguez Campo e Nicolás Alonso Ojea

O equipo “Xorprecha” recollendo o primeiro premio.

Todos eles coincidiron en destacar a necesidade de estar protexidos ante as ameazas que acompañan ao desenvolvemento dun mundo hiperconectado e a importancia de apostar por eventos destas características que fomenten o interese por esta disciplina entre a mocidade. 

O director da Cátedra R na UDC, Carlos Dafonte Vázquez; a directora da Cátedra R en Ciberseguridade e coordinadora do MUniCS na UVigo, Ana Fernández Vilas; o decano da Facultade de Informática da UDC, Mariano Javier Cabrera Canosa; e a delegada de Protección de Datos do Grupo MASMOVIL, Susana Rey Baldomir, foron os encargados da entrega de premios e clausura do evento. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Podcast | Así se predí un gromo de artrite reumatoide con intelixencia artificial

O novo episodio de O Descodificador conta coa participación das investigadoras do CITIC Blanca Monroy e Amalia Jácome

O dispositivo da UDC que se estende polo mundo para mitigar a contaminación luminosa

O investigador do CITIC Mario Casado deseñou un fotómetro que permite comparar as medicións de luz nocturna cos niveis teóricos de luz natural

Este cranio de quen é? Como identificar restos humanos con imaxes de antes e despois da morte

Un investigador do CITIC desenvolve un sistema que axudará a mellorar a metodoloxía da superposición craniofacial

Un equipo da Coruña ensaia unha ferramenta de IA para apoiar o profesorado

A iniciativa ProgTutor levouse a cabo con 40 estudantes de bacharelato do IES Sofía Casanova de Ferrol
93040