Unha montaña rusa térmica ameaza o tempo en Semana Santa. Tamén en Galicia?

De cara os festivos ábrese un escenario de incerteza debido a un anticiclón de bloqueo sobre as Illas británicas e Escandinavia

De cara ao sábado Santo e domingo de Resurrección algunha borrasca podería rondar o extremo suroeste peninsular.

O mes de marzo está deixando temperaturas moi elevadas nunha gran parte da Península. Esta fin de semana agárdase que os termómetros baixen de forma brusca ocasionando posibles xeadas no interior; no sur e no este manterase a calor; e no norte e no oeste continuarán temperaturas axeitadas para a época primaveral. En Galicia, Semana Santa comezará cunha incidencia anticiclónica que poderá estenderse ata xoves Santo.

O sábado 1 de abril choverá de maneira intermitente no norte do país e alternaranse chuvias e claros pola tarde, mais iso será todo. O domingo 2 de abril será un día con nubes no centro norte mais sen chuvia e con grandes claros no sur, dando paso á influencia anticiclónica. Segundo informa Meteogalicia, o tempo en Semana Santa será “moi tranquilo”. Subirán as temperaturas, con máximas de 21 graos, e as mínimas manteranse entre os sete e os oito graos. O xoves poden continuar estes ceos, mais ábrese un escenario de incerteza, xa que faltan algúns días e non se descarta a chegada de chuvias. Aínda así, as temperaturas continuarán con tendencia á alza, xa que o venres, aínda que se amplíen as probabilidades de precipitacións, as máximas manteranse nos 20 graos.

Dende Meteored, Samuel Biener considera que a partir da metade da Semana Santa barállanse distintos escenarios, mais parece que o máis viable é a formación dun “gran anticiclón de bloqueo sobre as Illas británicas ou Escandinavia“. Isto pode significar que a semana remate cunha situación metereolóxica moi dispar a como comezou, mais de momento existen moitas dúbidas ao respecto. No caso da entrada do gran anticiclón, “as borrascas circularían máis ao sur da Península e non pode descartarse a interacción de masas de aire, o que propiciaría un ambente inestable”.

É unha situación moi complexa e o escenario é de incerteza, mais Biener explica que de manterse este hipotético panorama, “as precipitacións poderían estenderse a boa parte do territorio, xa que as borrascas terían vía libre cara as nosas latitudes”. Por iso, sinala como máis probable o “bloqueo anticiclónico” en latitudes altas. Neste senso, poden orixinarse “borrascas circulando en latitudes baixas e altas presións no entorno de Groenlandia e Islandia”.

Os metereólogos coinciden en que nos próximos días poderá concretarse a evolución do tempo para os festivos, xa que existe tamén a posiblidade de que este cambio na atmosfera non ocorra e se manteña a estabilidade ata finais da próxima semana. Aínda que a chegada de precipitacións non sexa unha boa nova para as celebracións de Semana Santa, serían normais comezada a primavera recentemente, xa que abril é un dos meses no que máis chove no noso país: “En abril, augas mil”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.