O galego José Tubío obtén unha prestixiosa bolsa Leonardo para investigar a hepatite B

O biólogo santiagués do CiMUS logra financiación da Fundación BBVA para a seu traballo sobre a mutación somática de tecido hepático

O investigador do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas (CiMUS) José Tubío obtén unha das 58 Bolsas Leonardo da Fundación BBVA nesta convocatoria de 2024. A undécima edición deste programa de apoio á ciencia e á cultura de excelencia seleccionou, na área de Bioloxía e Biomedicina, o seu traballo ‘Mutación somática de tecido hepático no contexto da hepatite B’. O proxecto de Tubío contará cun financiamento de 40.000 euros o seu desenvolvemento terá que facerse nos vindeiros 18 meses.

O proceso de asignación das bolsas foi especialmente competitivo, concorrendo un total de 1.392 solicitantes nos dez campos contemplados e, especificamente, 270 na área de Bioloxía e Biomedicina, segundo comunicou a Fundación BBVA. “Un motivo máis de satisfacción e un novo impulso ao meu traballo no ecosistema galego de investigación”, manifesta o científico do CiMUS, centro pertencente á Universidade de Santiago de Compostela.

Publicidade

As comisións avaliadoras da undécima edición das Bolsas Leonardo da Fundación BBVA seleccionaron 58 proxectos innovadores nun amplo rango de disciplinas da investigación científica e a creación cultural: trátase de proxectos individuais, desenvolvidos por persoas de entre 30 e 45 anos. O programa está composto por 10 áreas diversas da ciencia e a cultura: Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas); Bioloxía e Biomedicina; Ciencias do Medio Ambiente e da Terra; Enxeñerías; Ciencias da Computación e Ciencia de Datos; Ciencias Sociais; Humanidades; Artes Plásticas; Música e Ópera; Creación Literaria e Artes Escénicas.

Perfil de excelencia

Ademais da súa traxectoria como divulgador, Jose M. Tubío destaca pola súa proxección nacional e internacional no campo da investigación en cancro e, de maneira transversal, polo impacto global das súas publicacións. Así, en 2019 foi nomeado Highly Cited Researcher 2019 pola Web of Science na categoría cross-field, o que o identifica como un dos científicos máis influentes do mundo en canto á calidade das súas publicacións.

Publicidade

No ano 2020, recibiu o ASEICA Young investigator Award da Asociación Española de Investigación Sobre o Cancro (ASEICA). En 2021, recibiu o XI Premio Nacional de Investigación en Cancro ‘Doctores Diz Pintado’. E, máis recentemente, en 2022, recibiu o III Premio Internacional a talentos novos en Oncoloxía ‘Ramiro Carregal’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla