O investigador do CiMUS José Tubío, Premio Nacional de Investigación en cancro

O biólogo galego recibirá o galardón pola súa traxectoria científica na área da investigación oncolóxica

O investigador José Tubío recibirá o 28 de xaneiro o Premio Nacional de Investigación en cancro “Doutores Diz Pintado”, un galardón que recoñece o esforzo e a traxectoria científica na área da investigación oncolóxica. O investigador galego dirixe dende o 2016 o grupo de investigación “Xenomas e enfermidade” no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela.

O grupo “Xenomas e enfermidade” está especializado en identificar os procesos e mecanismos que causan as mutacións que necesitan as células canceríxenas para sobrevivir e crecer. O aspecto máis destacado da súa investigación son os estudos do ADN móbil, é dicir, o material xenético capaz moverse a diferentes partes dun xenoma.

Publicidade

Traxectoria científica

José Tubío comezou o seu percorrido investigador no 2010 e durante todos estes anos traballou á vangarda da xenómica do cancro, participando en avances como o achado de novos xenes implicados no desenvolvemento de determinadas leucemias e do condrosarcoma, que é un tipo de cancro pouco frecuente que adoita comezar nos ósos. Tamén identificou novos mecanismos de mutación en cancro, da dinámica das metástases, de mutacións de xenes en tecidos sans e o seu papel na transformación a tecido tumoral ou como determinados virus poden afectar á estabilidade do xenoma.

Durante o últimos seis anos dirixiu un dos grupos de traballo integrados no proxecto Pan- Cancer Analysis of Whole Genomes (PCAWG). Este foi un dos proxectos máis ambiciosos do mundo no campo da xenómica do cancro, que está enmarcado no Consorcio Internacional do Xenoma do Cancro (ICGC).

Publicidade

O premio `Doutores Diz Pintado’

A Fundación de Investigación do Cancro da Universidade da Salamanca (FICUS) –Centro de Investigación do Cancro (CIC), xunto coa “Fundación Doutores Diz Pintado para a Docencia e Investigación na Loita contra o Cancro”, convoca cada ano o Premio Nacional de Investigación en Cancro “Doutores Diz Pintado” en memoria dos Doutores Manuel e Alfonso Diz Pintado. José Tubío recibirá o XI Premio o 28 de xaneiro de 2022, no desenvolvemento do acto académico organizado pola Universidade de Salamanca con motivo da festa de Santo Tomás de Aquino.

‘Ver’ o cancro de fígado ata con 20 anos de antelación? O gran achado deste equipo galego

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade