Investigadores galegos estudan cal é a dose efectiva e segura dos medicamentos

O obxectivo é mellorar a absorción de antifúnxicos orais para poder reducir a cantidade administrada

Cal é a dose segura dun medicamento fronte a candidiase ou outras infeccións fúnxicas? A USC vén de iniciar unha colaboración co laboratorio farmacéutico Labiana (especializado en saúde animal e humana), co obxectivo de estudar como mellorar a diodisponibilidade de medicamentos antiinfecciosos e optimizar así o réxime de dosificación mantendo as súas propeidades e efectividade.

A finalizade desta colaboración, explican, é fomentar un uso prudente dos fármacos fronte as infeccións evitando así a exposición innecesaria destes principios activos, A cal motivou no pasado unha das problemáticas máis importantes que enfrontará a humanidade: a resistencia bacteriana.

Publicidade

Unha experiencia dilatada no tempo

O estudo desenvolverase na USC a través do grupo de investigación Paraquasil, formado por un equipo multidisciplinar que traballa en distintos campos relacionados coa área da saúde. Entre eles están o desenvolvemento de novos sistemas de liberación e medicamentos adaptados ás problemáticas dalgúns fármacos, como é o caso da colaboración con Labiana.

O catedrático da Facultade de Farmacia Francisco Javier Otero Espinar explica que “temos moita experiencia en colaboración coa industria farmacéutica e varios produtos desenvolvidos polo grupo estanse a utilizar para o tratamento de patoloxías”.

Publicidade

Agora, este novo proxecto “pretende mellorar a efectividade e a seguridade de tratamentos con antifúnxicos, fármacos que teñen asociados importantes efectos non desexados, mediante o desenvolvemento dun sistema de liberación avanzado”.

Como o farán? Pois a través de formulacións que conseguen unha acción prolongada e unha actividade antibacteriana sostida, o cal permite reducir a dose administrada.

Segundo Fran Fernández Campos, doutor en Farmacia e director de I+D en Labiana, “esta liña de traballo cunha entidade pioneira en investigación farmacéutica como a USC upón unha colaboración estratéxica en aras de engadir valor e achegarnos máis a ese uso prudente dos medicamentos”.

O mal emprego dos medicamentos é unha problemática mundial, tanto nos ámbitos da saúde humana como na animal, e son moitos os esforzos colectivos que se están a facer para frear a resistencias dos microorganismos aos medicamentos. Segundo estima OMS, para o ano 2050 é moi posible que esta resistencia cause máis mortes no mundo que outras enfermidades como o cancro.

Máis novas relacionadas:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla