Galicia atraerá a 40 investigadores posdoutorais cun proxecto financiado pola UE

O programa Accións Marie Sklodowska-Curie COFUND, dotado con máis de 11 millóns de euros, impulsará novas liñas de I+D e ofrecerá estancias formativas en centros públicos e empresas

A Rede CIGUS acaba de lograr, por vez primeira, a concesión dun proxecto europeo das Accións Marie Sklodowska-Curie (MSCA) COFUND, que permitirá contratar a 40 investigadores posdoutorais para os próximos cinco anos nesta rede de centros de investigación universitarios de excelencia. A proposta contará cun presuposto de máis de 11 millóns de euros, dos que 5,6 millóns son financiados pola Unión Europea e o resto pola Xunta de Galicia co apoio dos centros da rede.

Este proxecto, baixo o nome de TALENTGAL, supón “un novo fito para a nosa I+G+i”, sinala o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez. “Isto posibilitará que, ademais, contratemos a 40 profesionais que xa son doutores para que leven a cabo labores de investigación en áreas especializadas nos centros máis prestixiosos das nosas universidades públicas“, engade o representante autonómico.

Publicidade

Un pulo á carreira investigadora

Presentado pola Xunta en colaboración coas tres universidades públicas galegas, a Rede CIGUS e FEUGA, impulsa o desenvolvemento da carreira investigadora e promove a integridade científica, a transferencia de coñecemento e o emprendemento.

Os novos investigadores que se incorporen aos centros CIGUS poderán centrar as súas investigacións en áreas clave para Galicia, como a biotecnoloxía, medicina, química, nanomateriais, TIC, enxeñaría ambiental, ciencias mariñas e físicas, entre outras.

Publicidade

Formación complementaria

Máis aló das súas investigacións, os 40 posdoutorais que se sumen á Rede CIGUS recibirán formación complementaria en competencias transversais, e apoio e mentoría personalizados.

O obxectivo é fomentar oportunidades de colaboración industrial, mobilidade intersectorial e interacción con públicos máis amplos, contribuíndo a mellorar as súas perspectivas de carreira. Ademais, terán estancias obrigatorias en institucións académicas, empresas e administracións públicas, o que permitirá ampliar aínda máis as súas oportunidades profesionais.

Este programa conta, ademais, co apoio dunha ampla rede de máis de 40 socios de distintos sectores, áreas científicas e países, que inclúen institucións académicas e universidades, líderes industriais, pymes, infraestruturas de investigación e centros tecnolóxicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A imparable expansión da covid das plantas: así se propagou ‘Xylella’ no norte de Portugal

A perigosa bacteria detectouse por primeira vez en Vila Nova de Gaia nunha planta de lavanda francesa en 2019

A perigosa bacteria que ataca os vexetais, ás portas de Galicia: “Non estamos preparados”

A 'Xylella fastidiosa' identificouse en case 600 especies e pode causar enfermidades graves e morte en oliveiras, cítricos, vides, froiteiras de óso e plantas ornamentais

Galicia rexistra un 45,3% menos de varamentos en 2025

O Cemma explica que as cifras, a pesar da diminución de exemplares afectados, continúan sendo elevadas e preocupantes para a conservación

Castro de Rei é o único lugar da península onde nidifica o mazarico real, en perigo crítico

O enclave lucense concentra a totalidade da reprodución confirmada desta ave migratoria na Península Ibérica