Carracedo, nomeado ‘honoris causa’ pola Universidade do Minho

A institución educativa portuguesa destaca a súa carreira científica de relevo internacional e a difusión de valores científicos e humanos

A Universidade do Miño acordou distinguir co título honorífico de Doutor Honoris Causa ao catedrático da Universidade de Santiago Ángel Carracedo, “por ser unha personalidade ímpar da sociedade académica e científica internacional”.

Carracedo (Santa Comba, A Coruña, 1955) é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago. Á súa vez, desde 1999 é Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Sergas-Xunta de Galicia), Director do Centro Nacional de Xenotipado-ISCIII desde 2002, e membro do CIBERER e do IDIS.

Publicidade

Na actualidade coordina ao Grupo de Medicina Xenómica, primeiro a nivel mundial en citacións na área da Medicina forense, no ránking de Thomson Reuters (Web of Knowledge) e o mesmo atópase entre os autores máis citados en Bioloxía Molecular cunha media superior ás 2000 citacións/ano.

O grupo consta de 10 liñas de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e preto de 100 científicos. As súas principais áreas de traballo inclúen a xenética do cancro, a farmacoxenómica e as enfermidades psiquiátricas en idade infantil.

Publicidade

Ao longo da súa traxectoria profesional ten publicado 12 libros e 550 artigos en revistas internacionais incluíndo artigos en Nature, Science, NatureGenetics, ademais das principais revistas de xenética médica, cancro e Medicina forense.

Carracedo: ‘A educación necesita unha revolución absoluta’

Tamén é membro de diversos organismos reguladores (EMA, Forensic DNA Regulator UK, DNA ISFG Commission, Comisión Nacional para o uso forense do ADN (España), Comité da Cruz Vermella Internacional, Consorcio Internacional de Enfermidades raras –IRDiRC, etc) e forma parte do Comité asesor de máis de dez institutos de investigación de ámbito nacional e internacional.

Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios entre os que destacan a Medalla de Ouro e Prata de Galicia, o Premio Rey Jaime I de investigación, a Medalla Adelaide (a distinción máis importante a nivel mundial en Medicina Forense), a Medalla Galien (coñecido como o Premio Nobel do Medicamento), o Premio Nacional de Xenética, o premio Prismas de divulgación, o Premio Galicia de Investigación, a Medalla Castelao e o Premio Novoa Santos. É Doutor Honoris Causa por varias universidades de Europa e América.

Co nomeamento de Ángel Carracedo como Doutor Honoris Causa, a Universidade do Minho celebra o seu 46º aniversario o vindeiro día 17 de febreiro, ás 10h00, en sesión solemne no salón medieval da Reitoria, na Praza do Paço, en Braga.

A institución portuguesa destaca que Ángel Carracedo “é recoñecido non só polo seu traballo con impacto nos dominios da xenética forense, clínica e de poboacións, mais tamén na aplicación dos seus estudos para beneficio da sociedade, con importantes contribucións na área da farmacogenética”.

Asemade, destacan “as súas enormes contribucións para a cultura galega, sendo un impulsionador fervoroso da literatura científica na difusión de valores científicos e humanos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro