Como se distribúe a agresiva alga asiática en Galicia? Un novo proxecto busca a resposta

A USC e a Consellería do Mar poñen en marcha unha iniciativa para avalizar o impacto e a presenza da especie na costa galega

A alga asiática invasora Rugulopteryx okamurae apareceu por primeira vez en Galicia no verán de 2024. En concreto, nalgunhas zonas da costa da Coruña. Agora, a Universidade de Santiago (USC) e a Consellería do Mar poñen en marcha un proxecto para avaliar a distribución da agresiva especie, que causa graves impactos ambientais. O obxectivo é proporcionar ferramentas que permitan coñecer de maneira rápida e práctica como se espalla a alga polas costas galegas.

A través do acordo para a realización do proxecto ALGASDET, de máis de 200.000 euros e un prazo de execución de tres anos, implementarase unha ferramenta para facilitar a detección de Rugulopteryx okamurae estudando o ADN de mostras ambientais (auga, sedimento). Ademais, crearase unha base de datos de secuencias de ADN, determinarase o mellor fragmento do ADN para detectar Rugulopteryx okamurae, analizarase a sensibilidade do método e avaliarase a distribución actual da invasora en Galicia. A ferramenta será transferida ás institucións encargadas de monitorizar as costas galegas.

Publicidade

Tal e como explican as coordinadoras do proxecto ALGASDET (Novas ferramentas para detectar a alga invasora Rugulopteryx okamurae mediante ADN ambiental): “Urxe coñecer a súa distribución en Galicia, pero detectala é difícil polo seu parecido a unha alga nativa e porque crece maioritariamente no submareal”.

Informar o sector pesqueiro

Ademais de coñecer a evolución actual desta especie no territorio, con este acordo búscase informar o sector pesqueiro sobre este novo problema para tentar que a especie non se expanda por toda a costa galega a curto prazo debido ao descoñecemento dos riscos inherentes ás actividades pesqueiras. Para iso, impartiranse charlas e obradoiros para sensibilizar non só o sector senón tamén a sociedade sobre a problemática relacionada con Rugulopteryx okamurae, e para ensinar como recoñecer a invasora.

Publicidade

As actuacións realizaranse en colaboración coa Universidade da Coruña, a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, e as Confrarías de pescadores da Coruña, de San José (Cangas) e a ‘La Anunciada’ (Baiona).
 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS