A UDC detecta a presenza dunha alga invasora nas rías da Coruña e Vigo

O persoal investigador de BioCost e BioAplic identificou en Galicia á 'Rugulopteryx okamurae', unha especie que xa está a causar problemas no sur da península

O grupo de investigación BioCost, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña, en colaboración con membros do grupo BioAplic, da Universidade de Santiago de Compostela; detectaron recentemente a presenza en Galicia da alga asiática invasora Rugulopteryx okamurae. Esta especie adquiriu bastante notoriedade en España nos últimos anos, debido aos importantes danos que está a provocar no sur peninsular.

Por unha banda, está a ter un impacto ecolóxico sobre as comunidades biolóxicas dos fondos mariños, cunha perda da diversidade; e por outra, un impacto económico sobre a pesca, posto que esta alga acumúlase en grandes cantidades e impide o uso dalgunhas artes pesqueiras nas zonas onde está presente. Tamén inflúe sobre as autoridades locais, porque chega ás praias e é necesario retirala para que os areais poidan ser utilizables por bañistas.

Publicidade

Polo de agora, confirmouse a súa presenza en Galicia nas rías da Coruña e Vigo, cidades que contan con importantes portos, e concordando coa hipótese de que o tráfico marítimo está a axudar a que esta alga invasora se propague ao longo do litoral peninsular.

Como actuar contra esta invasora?

O futuro desta nova invasión en Galicia é incerto. As condicións das nosas costas son diferentes ás do Estreito. Con todo, a poboación detectada na Coruña mostra un comportamento claramente invasor, polo que non se pode descartar que poida acabar causando problemas similares aos da zona do Estreito nun futuro.

Publicidade

O caso de Rugulopteryx okamurae pon de manifesto, unha vez máis, o risco que supón a continua chegada de especies nativas doutras zonas do mundo. A experiencia demostra que, unha vez arraigada, eliminar unha invasión biolóxica é moi custoso e, a miúdo, imposible.

Hai un consenso xeneralizado de que a previsión e a detección temperá cando a invasión está nos seus comezos, é clave para evitar problemas. Neste sentido, os grupos BioCost e BioAplic prepararon unha proposta de sistema de alerta temperá que esperan sexa recibida favorablemente por parte das autoridades responsables da conservación das nosas costas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

Unha rara bolboreta nocturna reaparece en Galicia tras 150 anos e logra reproducirse

A observación dun exemplar en Fene e o posterior achado de eirugas confirman a presenza da esfinxe da adelfa, migratoria e pouco habitual no Atlántico

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva