Armas contra a desinformación: a UVigo reúne a expertos para un uso responsable da tecnoloxía

Profesionais de ámbitos como a cultura xuvenil, o xornalismo, a informática ou a psicoloxía conforman un programa que comeza o 26 de maio cun obradoiro en liña

Combater os riscos da desinformación e o abuso das redes sociais, sobre todo, entre os máis novos. Ese é obxectivo das actividades organizadas pola Universidade de Vigo, que reunirá a expertos do calado da asesora da Unesco Roxana Morduchovicz, con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que ten lugar este sábado 17 de maio ao mesmo tempo que se celebran as Letras Galegas.

O programa deseñado pola institución viguesa inclúe palestras, obradoiros e mesas de debate enfocadas a distintos públicos para abordar dun xeito amplo os problemas que hoxe en día xeran as noticias falsas (ou loiadas) compartidas por redes sociais ou cociñadas en pseudomedios de comunicación. Todo ca participación de educadores, xornalistas, psicólogos ou enxeñeiros informáticos; desde o 26 de maio ata o 9 de xuño.

Publicidade

A primeira das actividades será o taller en liña que impartirá Roxana Morduchovicz, experta en cultura xuvenil e asesora principal da Unesco no programa de Cidadanía Dixital. Autora de libros como Os adolescentes e as redes sociais e Ruídos na rede, conta cunha ampla traxectoria de consultora de políticas de cidadanía dixital.

O 26 de maio, a doutora en Comunicación pola Université Paris 8 ofrecerá un obradoiro aberto á cidadanía (as inscricións están xa abertas) no que trasladará orientacións e ferramentas para que as familias poidan acompañar a fillas e fillos no uso responsable e reflexivo das plataformas dixitais.

Publicidade

Obradoiro sobre loiadas en Redondela

Un día máis tarde, o 27 de maio, o IES Mendiño de Redondela acollerá un obradoiro para os alumnos de 4º da ESO centrado na desinformación. O alumnado aprenderá a crear boas preguntas ou instrucións para interactuar con ferramentas de intelixencia artificial como ChatGPT e poderá experimentar coa detección de noticias falsas nunha escape room dixital.

Investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo serán os encargados de impartir esta actividade no centro redondelano, onde estará presente a furgoneta Paparruchas: en marcha contra a desinformación, un espazo itinerante de divulgación científica que ofrecerá información adicional sobre as loiadas.

O papel dos medios, a debate

O programa será pechado o 9 de xuño cun debate no Museo de Pontevedra que estará moderado polo xornalista e presentador en Televisión Española Xabier Fortes. Na mesa analizarase o papel dos medios e a difusión de noticias falsas desde distintas perspectivas como o propio xornalismo, a informática ou a psicoloxía.

Na Boa Vila estarán os investigadores e investigadoras da UVigo José Rúas Araújo e Iván Puentes, da Facultade de Comunicación; Guillermo Blanco González, da Escola Superior de Enxeñaría Informática; Silvia García Méndez e Francisco de Arriba Pérez, da EE de Telecomunicación; e Iria Veiga Ramos, médica psiquiatra e divulgadora, coñecida como @rainhavermelha en Instagram.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla