Pódcast | Intelixencia artificial contra as fake news

InUSC. Intelixencia artificial contra as fake news

A desinformación constitúe unha das maiores preocupacións das democracias contemporáneas. Detrás das noticias falsas ou fake news articúlanse, en moitas ocasións, estratexias para manipular a opinión pública e erosionar a estabilidade dos Estados e das súas institucións.

No segundo capítulo do pódcast Investigar na USC, falamos da loita contra a desinformación. Para desenvolvela, resulta fundamental a coordinación con tres actores clave: as empresas tecnolóxicas, a sociedade civil e as institucións académicas. Hai unhas semanas, botou a andar HYBRIDS, un proxecto da USC que busca desenvolver un sistema para empregar a Intelixencia Artificial na identificación de noticias falsas, discursos de odio e desinformación.

Publicidade

No capítulo de hoxe falamos das posibilidades que ten a intelixencia artificial contra as fake news. Con Paulo Gamallo, coordinador do proxecto e experto en lingüística; Berta García, especialista en xornalismo dixital e comunicación política, e Patricia Martín, investigadora en ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información.


Escoita Investigar na USC en: Spreaker, Spotify, iHeart, Google Podcasts, Deezer, Podcast Addict e Podchaser.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos