A USC terá cunha cátedra para aplicar intelixencia artificial á medicina personalizada

Encabezada polo CiTIUS, o proxecto explorará a aprendizaxe automáticos e os modelos preditivos para personalizar os tratamentos

Situar Galicia na vangarda da aplicación da intelixencia artificial no ámbito sanitario. Ese é o obxectivo co que nace a cátedra de intelixencia artificial en medicina personalizada que ofrecerá a Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Ministerio para a Transformación Dixital e a empresa tecnolóxica con sede na capital galega Plexus Tech.

A iniciativa está encabezada polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS). O seu director científico, Senén Barro, subliñou durante a presentación da cátedra o enfoque multidisciplinar co que nace un proxecto que suma tamén o potencial doutros centros investigadores como o CiMUS, o CITMAGA, o IDIS, a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Publicidade

A aplicación da intelixencia artificial á medicina personalidade xa está en marcha. Permite o emprego e análise de grandes volumes de datos para ofrecer diagnósticos máis rápidos e precisos para cada paciente. Por iso, a nova cátedra da USC explorará a aprendizaxe automática e os modelos preditivos para personalizar tratamentos, así como o procesamento de imaxes médicas e análises de sinais biomédicos.

O proxecto non só está centrado na investigación, senón que tamén levará a cabo unha tarefa formativa orientada aos aspectos éticos e legais do uso da intelixencia artificial en medicina. “A cátedra naceu ca convicción de que só desde unha perspectiva integradora e multidisciplinar se pode construír unha contorna de investigación que transforme o coñecemento en melloras tanxibles para a práctica clínica”, sinalou Barro durante o acto de presentación, que contou cun relatorio do xenetista Ángel Carracedo.

Publicidade

Ampliar os límites da medicina

Durante a súa intervención, o reitor da USC, Antonio López, subliñou a importancia da colaboración entre entidades públicas e empresas privadas para levar a cabo iniciativas innovadoras e de investigación como a nova cátedra en intelixencia artificial e medicina, que abre a porta a superar límites ata fai nada imposibles de deixar atrás.

“A aplicación da IA ao eido da medicina permítenos xestionar unha inmensidade de datos sobre cada persoa para afinar os diagnósticos, os tratamentos e mellorar, en definitiva, a calidade de vida das persoas, algo que sería inimaxinable a través das vías tradicionais. Ese manexo de datos só é posible aplicando ferramentas de Intelixencia Artificial”, destacou o reitor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha plataforma desenvolvida en Vigo abre novas vías para a rehabilitación da cognición social con IA

O proxecto ET-Plus, impulsado polo IIS Galicia Sur, personaliza o adestramento de habilidades en persoas con patoloxías mentais graves ou adiccións

O centro galego Gradiant deseña un sistema de IA para verificar contidos audiovisuais e prever fraudes

A plataforma, destinada a empresas e medios de comunicación, recibe un premio internacional no eido da ciberseguridade

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto