Primeira alerta por calor do ano: Ourense chegará os 36 graos este xoves

A conca do río Miño será a zona máis quente de Galicia durante o pico do episodio de altas temperaturas que comeza este mesmo mércores

A primeira alerta por altas temperaturas do ano chega antes incluso de que remate o mes de maio. O ascenso das temperaturas que comeza a notarse este mércores en Galicia acadará o seu pico durante a xornada do xoves, na que os termómetros de moitos puntos da comunidade, especialmente na metade sur, pasarán o limiar dos 30 graos.

De feito, a conca do río Miño ao seu paso pola provincia de Ourense estará en aviso amarelo pola calor durante as horas centrais. Entre as 13:00 e as 21:00 horas o mercurio chegará aos 36 graos nesa zona, segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). Uns valores aos que tamén se aproximarán no sur da provincia de Pontevedra e na comarca de Valdeorras.

Publicidade

O primeiro episodio de calor do ano en Galicia chega este mércores, cando se agardan xa 30 graos en boa parte da metade sur de Galicia. As temperaturas subirán aínda máis de cara ao xoves e manteranse no mesmo nivel ao día seguinte. Xa no sábado, as previsións apuntan a unha moderación das máximas. Con todo, volverán a ser moitos os puntos que pasen dos 30 graos.

Lingua de aire cálido

A responsable deste escenario de calor pouco habitual para a época do ano é a entrada dunha lingua de aire cálido en superficie, que chega á península ibérica nun contexto de predominio anticiclónico. Os ventos do nordés deixarán unha Galicia a dúas temperaturas, co sur e o interior en valores propios dos días máis cálidos do verán e no norte, sobre todo en zonas costeiras, con temperaturas máis frescas con máximas roldando os 25 graos.

Publicidade

Con todo, non pode considerarse unha vaga de calor, porque, para iso, debería manterse durante varios días e rexistrarse temperaturas mínimas elevadas. E non se dará ningún destes condicionantes. Ademais, serán días de grandes oscilacións. En áreas como a comarca de Valdeorras, onde se agarda que cheguen aos 35 graos, vivirán un esborralle térmico ao caer na noite por debaixo dos 14 graos. E con posibilidade de chuvascos tormentosos, pois a entrada dunha valgada atlántica podería deixar treboadas na tarde do venres en puntos do interior da comunidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Crista subtropical sobre Galicia: os modelos europeos anticipan temperaturas extremas

A chegada dunha masa de aire cálida traerá unhas anomalías positivas de 6ºC no litoral galego e ata 10ºC no interior

Do formigón de Ourense aos parques de Santiago: un estudo contrasta os dous modelos de zonas verdes

A cidade do sur galego é unha das tres con peor cobertura, con 4,6 metros cadrados por habitante, moi por debaixo da media de 14,15

Unha igrexa e un curtidoiro elevan a 93 os bens galegos na Lista Vermella

A Coruña concentra o maior número de monumentos en risco, con 34, seguida de Lugo, Pontevedra e Ourense

Aire acondicionado fronte ao cambio climático: indispensable ou incompatible?

A OMS presenta unha nova guía de plan de acción sobre saúde e calor na que recoñece os seus efectos negativos á vez que insiste na necesidade de acceso