Unha lingua de aire cálido elevará os termómetros: así será a primeira semana de calor do ano

Os ventos de nordés deixarán unha Galicia a dúas temperaturas, con moita calor na metade sur e pouco máis de 20 graos no litoral da Coruña e Lugo

Chega a calor a Galicia, pero non a todos os recunchos. Unha lingua de aire cálido en superficie nun contexto de predominio anticiclónico elevará os termómetros de forma pouco habitual para esta época do ano. As temperaturas disparáranse na metade sur, con ata 35 graos en Ourense e valores superando os 30 en boa parte do país. No norte, os ventos de nordés suavizarán moito os termómetros no litoral coruñés e na Mariña, onde apenas chegarán aos 25 graos.

O desta semana será o primeiro episodio de temperaturas altas do ano, aínda que, como precisan desde Metogalicia, non pode considerarse unha vaga de calor. Para iso, debería manterse durante varios días e rexistrarse temperaturas mínimas elevadas. E non se dará ningún destes condicionantes, segundo apuntan os modelos que a axencia galega manexa a comezos de semana.

Publicidade

Porque o escenario de calor durará pouco máis de tres días. Agárdase a entrada desta lingua de aire cálido para mércores, no que as temperaturas irán en aumento ata os 30 graos nas principais cidades galegas agás A Coruña e Ferrol.

O día seguinte, a calor será aínda máis intensa. O xoves, no que Santiago de Compostela celebra as festas da Ascensión, o mercurio superará os 30 graos na meirande parte de Galicia. De novo, o litoral coruñés e a Mariña serán os puntos máis frescos, xa que continuará a soprar o vento de compoñente nordés en refachos moderadamente intensos, sobre todo, na Costa da Morte.

Publicidade

Cambios desde o venres

O venres mudará a situación. Meteogalicia apunta a un incremento da inestabilidade atmosférica que mesmo podería ocasionar treboadas illadas en puntos de interior da comunidade. A pesares dunha lixeira baixada, as temperaturas continuarán a ser cálidas no comezo da fin de semana. Así seguirán o sábado, antes de que o domingo xa comece a remitir de forma máis notable este episodio de altas temperaturas.

En todo caso, haberá que ter de man algo de roupa de abrigo, porque serán días de fortes contrates térmicos. A amplitude térmica será de ata 20 graos nos días de máis calor, con puntos, como Lugo, no que os termómetros poderíanse esborrallar por baixo dos 10 graos logo de superar os 30 nas horas centrais do día.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona