Sete países europeos unen forzas para mellorar o cultivo sostible de patacas, trigo e hortalizas

Os resultados do proxecto SoildiverAgro, posto en marcha en 2019, foron presentados nunhas xornadas en Santo Estevo de Ribas do Sil

Aumentar a rendibilidade das explotacións agrícolas e mellorar a biodiversidade do chan. Eses son os obxectivos marcados polo proxecto SoildiverAgro, que involucra a sete países europeos desde 2019 para analizar os cultivos de pataca, trigo e hortalizas en distintas rexións do vello continente para a extracción de ensinanzas que permitan optimizar a xestión dos solos.

Os resultados acadados foron presentados nunha xornada organizada pola Universidade de Vigo no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Ourense. Alí, representantes da iniciativa na que participaron 22 socios de España, República Checa, Alemaña, Finlandia, Dinamarca, Bélxica e Estonia fixeron un repaso das leccións recollidas ao longo dos seis anos de vida do proxecto, que conta co apoio de Fundación Empresa Universidad Gallega (Feuga).

Publicidade

Ao longo deste tempo desenvolvéronse 17 estudos en seis rexións bioxeográficas distintas de Europa: Boreal, Nemoral, Atlántica Central, Continental, Mediterránea e Lusitana. Nestas zonas puxéronse en práctica traballos de campo sobre o cultivo sostible de patacas, trigo e hortalizas. A meta era comparar as diferenzas entre sistemas de monocultivo e os diversificados. Todo co horizonte final de extraer ensinanzas para incrementar a rendibilidade das plantacións e ofrecer solucións asentadas na ciencia a agricultores e outros actores implicados.

Intercambio de experiencias

Froito destes estudos, o proxecto creou unha comunidade de práctica para o intercambio de coñecementos e fomentar a conciencia sobre a biodiversidade como un factor “fundamental” na produtividade e a saúde dos solos. Tamén serviu para configurar unha serie de recomendacións políticas para as administracións de cara a adoptar decisións en base ás características do lugar.

Publicidade

Desde a súa posta en marcha en 2019 son xa 20 os artigos científicos publicados e 100 resumos prácticos que recollen as conclusións enfocadas á mellora da xestión dos cultivos. Entre elas inclúense unha plataforma web para optimizar os sistemas de cultivo de trigo e unha serie de vídeos cas prácticas máis axeitadas segundo a rexión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea novos alimentos a partir dos excedentes da industria láctea e das castañas

Sueroval é un grupo operativo no que empresas e centros de investigación elaboran un aditivo de alto valor a partir de subprodutos do sector agrogandeiro

Máis aló da madeira: o proxecto galego que busca novos aproveitamentos do monte dende Baroña

Multi-Forest, unha iniciativa impulsada dende Feuga, aplica imaxes satelitais para diversificar os usos do territorio, dende a micoloxía ata o certificado de calidade

Máis eficiente e sostible: así funciona o sistema galego que optimiza o uso do xurro como fertilizante

O proxecto Purinpreciso mide o nivel de nutrientes que require o solo en tempo real para adaptarse ás necesidades de cada explotación

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo