Unha tese da USC demostra que a rotación de cultivo de trigo aumenta nun 60% a produción

A investigación, realizada no Campus Terra de Lugo, evidencia que se reducen as impurezas e enfermidades e que o monocultivo afectou negativamente ás variables

A rotación do cultivo de variedades de trigo autóctono permite acadar importantes melloras no rendemento das producións, ao tempo que contribúe a reducir as impurezas relacionadas coa presenza doutro tipo de sementes e ata diminúe as enfermidades.

Estas conclusións despréndense da investigación de doutoramento que vén de presentar na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC o enxeñeiro agrónomo, Fernando Almeida García, baixo o título ‘Avaliación do trigo autóctono panificable dentro dun sistema de rotación sostible’.

Publicidade

A tese de doutoramento, co dirixida polos profesores Santiago Pereira Lorenzo e Benigno Ruiz Nogueiras, afonda na avaliación da resposta que ofrece o trigo autóctono, Triticum aestivum L., en rotación con Lupinus albus L. doce, incluíndo un ano de barbeito fronte ao monocultivo.

O traballo de experimentación e investigación realizado por Fernando Almeida prolongouse durante tres anos e permitiu analizar 12 variables de resposta no terceiro ano, parámetros en gran medida vencellados ao rendemento e á calidade panadeira, ademais de estudar o balance económico global nas distintas sucesións de cultivos propostas.

Publicidade

Desenvolvemento da tese

As plantacións experimentais fixéronse na localidade de Tabeaio, no concello de Carral (A Coruña), onde se empregou un deseño de bloques completamente aleatorio con catro repeticións, tres tratamentos (tres tipos de rotacións de cultivos con trigo local) e dous tipos de trigo autóctono, polo que se contabilizaron un total de 24 unidades experimentais.

Os resultados mostran como a rotación influíu no rendemento de gran, nas impurezas en forma de sementes doutras especies, no peso hectolitro e no peso de mil sementes. O monocultivo afectou negativamente ás variables anteriores, subliña o investigador. As conclusións desta tese de doutoramento advirten asemade da inexistencia de diferenzas significativas noutros parámetros relacionados coa calidade da panadería, tales como poden ser proteínas, glute húmido, forza panadeira (W), elasticidade (L), tenacidade (P) e grado de inchazón (G).

A calidade do solo, segundo se conclúe na investigación, inflúe na calidade do trigo independentemente da rotación, dado que un maior contido en materia orgánica e menor de fósforo redunda nun cereal con máis forza panadeira e máis tenacidade. Alén desta particularidade, Fernando Almeida salienta na súa tese de doutoramento que as rotacións teñen un efecto positivo no rendemento, un impacto positivo que chega ata o 62% cando o barbeito precede o trigo, así como na redución de enfermidades e malas herbas.

Mellora económica

Por unha banda, respecto do balance económico, a investigación observa unha importante mellora económica na sucesión barbeito (Lupinus albus) trigo, con respecto á repetición de cereais, debido á importante baixada do rendemento do monocultivo no terceiro ano.

Doutra banda, a avaliación do ciclo de vida de diferentes rotacións con variedades locais de trigo presenta un efecto positivo destas variedades nas rotacións e na produción de pan. A menor dependencia de fertilizantes e fitosanitarios, sumada ao beneficio da maior achega de residuos ao solo, confírenlle un mellor perfil ambiental, conclúe.

A temática da investigación desenvolvida por Fernando Almeida antóllase máis que pertinente na actual conxunta social, na que o trigo é a base da dieta de case tódalas sociedades. Cultivado na maioría das rexións fértiles do mundo, o trigo é o segundo cereal máis producido do planeta.

As variedades autóctonas de trigo brando tiveron un importante papel no sector da panadería galega, aínda que, a pesar da súa escaseza, houbo empresas privadas e entidades públicas que apostaron por conservar e mellorar as calidades deste trigo, fomentando o seu cultivo e investigando o seu comportamento agronómico e a calidade panadeira. Asemade, cómpre non esquencer que o trigo autóctono tivo un papel importante na aprobación da recente Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego ratificada en 2020.

Tribunal de tese e cualificación

O profesor da Universidade de Oviedo, José Alberto Oliveria Prendes, presidiu o tribunal encargado de avaliar esta tese de doutoramento. O xurado tamén estivo conformado pola profesora da USC na EPS de Enxeñaría, Belén Díaz Hernández, e polo investigador do CIAM (Agacal,) Luis Urquijo Zamora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego analiza uns misteriosos eventos procedentes do xeo da Antártida

Un estudo liderado polo Observatorio Pierre Auge afonda na posible orixe de dous sinais anómalos detectados polo experimento ANITA

Cando o concello de Lugo mercou un escravo africano

Un estudo recupera a historia de Manuel Sosa, que foi comprado polo consistorio lucense en 1705 como símbolo de prestixio e poder

Peluches de animais en perigo de extinción para calmar os nenos: a innovadora idea de tres estudantes da USC

Os bonecos, destinados a cativos de entre tres e oito anos, poderían ser especialmente beneficiosos para rapaces con autismo

Estudar a evolución da verbena galega a través dos palcos: “Xa non se baila, vaise ver a orquestra”

Unha investigación que analizou ata 350 palcos para festas de entre os anos 1970 e o 2000 recibe o premio de Ciencia Cidadá do CSIC