A borrasca Efraín sacude Galicia con choivas e ventos fortes en todo o territorio

As inclemencias meteorolóxicas no sur obrigan a desviar voos cara Madrid dende o aeroporto de Vigo

O servizo de meteoroloxía de Portugal chamouna en Efraín e, dende a mañá deste luns, os efectos desta borrasca procedente do Atlántico estánse a facer notar con forza en todo o país. A Axencia Estatal de Meteoroloxía puxo en alerta a un total de 33 provincias en todo o Estado pola chegada de fenómenos significativos. Durante toda a xornada e máis este martes haberá presencia de choivas persistentes e localmente fortes no cuadrante suroeste de Galicia. Tamén refachos de vento moi fortes na costa oeste da Coruña pola mañá e temperaturas máximas en ascenso notable en Lugo.

Segundo a predición da Aemet, a borrasca Efraín ségue a achegarse á Península Ibérica e por iso continuarán as precipitacións en todo o país. Mais, polo de agora, a afección ao territorio está a ser indirecta, transportando humidade e favorecendo que as frontes que atravesan a xeografía galega deixen choivas abundantes. Desde a súa posición, a borrasca Efraín impulsa unha corrente de aire moi cargada de humidade desde practicamente o Caribe até a Península Ibérica, o que se denomina como río atmosférico, segundo explica a Aemet.

Publicidade

https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1602005743741407233

A predición é de ceos cubertos. Tamén choivas e chuvascos xeneralizados con tormentas ocasionais, que serán persistentes na metade occidental onde poden ser localmente fortes, sendo máis intensas no cuadrante suroeste. Dende a Aemet tamén apuntan a probables brumas e bancos de néboa en zonas elevadas de Ourense, temperaturas en ascenso, localmente notable o das máximas en Lugo e vento do sur e sueste que será frouxo no interior ao principio e que aumentará a oeste e suroeste con intervalos fortes no litoral e refachos moi fortes na costa oeste da Coruña pola mañá.

Ventos de ata 120 km/h

O temporal tamén está a deixar fortes ventos na Comunidade con refachos de máis de 120 km/h en lugares como Castro Vicaludo, no municipio pontevedrés de Oia (127,5 km/h) ou na Gándara, no concello coruñés de Vimianzo (125 km/h). No mar a situación tamén se complicou e a naviera Mar de Ons comunicou que suspende o transporte entre Cangas e Vigo até novo aviso debido ás malas condicións meteorolóxicas.

Publicidade

Voos desviados no sur de Galicia

Dous voos con destino ao aeroporto de Peinador de Vigo foron desviados durante o comezo desta semana debido ás inclemencias meteoroóxicas que vive a cidade. Segundo confirman fontes de Aeroportos Españois e Navegación Aérea (Aena), un avión procedente de Madrid foi desviado a Santiago de Compostela debido ao vento rexistrado no aeródromo vigués. Por iso, os seus pasaxeiros foron desprazados por estrada para finalizar o traxecto a Vigo. Ademais, outro voo que partiu de Barcelona na mañá deste luns foi desviado a Madrid, ao non poder aterrar en Vigo tamén polo vento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

De Flora a Rafael: estes serán os nomes das próximas borrascas que afecten a península

A Aemet presenta a lista para a época de temporais que comeza o 1 de setembro, e que se reservarán para os episodios meteorolóxicos de alto impacto

Anatomía da borrasca que regará Galicia e derrubará as temperaturas: “Formouse a latitudes excepcionais”

O descenso das temperaturas será máis pronunciado en zonas do interior de Lugo e Ourense, sobre todo na Ribeira Sacra, o Miño, Valdeorras e Verín

Nubosidade no norte, risco de incendios no sur e calor: esta é a previsión para o día da eclipse total en Galicia

A Aemet alerta de cúmulos baixos no litoral, mentres o interior estará marcado por alertas amarelas e laranxas polas temperaturas máximas elevadas