Elena Vázquez Cendón, premio María Josefa Wonenburguer

O galardón creado pola Xunta en 2007 para distinguir a investigadoras galegas recoñece a doutora en Ciencias Matemáticas e decana da USC

A doutora de Ciencias Matemáticas e decana da Facultade de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, María Elena Vázquez Cendón, recibirá o premio María Josefa Wonenburguer deste 2022.

A decisión foi comunicada pola Xunta no último pleno da Unidade Muller e Ciencia, onde tiveron en conta a carreira de investigación e divulgación da matemática.

Publicidade

O galardón, outorgado anualmente desde o ano 2007, foi creado polo Goberno autonómico para distinguir ás mulleres galegas con traxectorias nos ámbitos científicos e tecnolóxicos, “dando valor á súa carreira e converténdoas en referentes para as próximas xeracións”.

Nome dunha pioneira galega da ciencia

Así mesmo, conta co compromiso do Goberno galego desde a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e leva o nome dunha das pioneiras galegas na área científica.

Publicidade

Nesta liña, desde a Xunta encomiaron a carreira de Vázquez Cendón, polas súas contribucións no estudo das leis de balance hiperbólicas e o seu compromiso coa divulgación, coa súa presenza á fronte do Proxecto de Estímulo do Talento Matemático (Estalmat-Galicia) desde 2021.

A galardoada recibirá o premio nun evento, o vindeiro día 20 en Santiago de Compostela, e contará coa presenza de membros do Goberno galego e do ámbito universitario e científico e da sociedade.

O premio María Wonenburger, que recoñece as traxectorias de excelencia de científicas galegas, recaeu en anteriores edicións en Inmaculada Paz Andrade, Teresa Miras Portugal, Marisol Soengas, Carmen Navarro e Ofelia Rey, Tarsy Carballas, María José Alonso, Carmen García Mateo, Isabel Aguirre de Úrcola, Peregrina Quintela, Begoña Vila Costa, Alicia Estévez, Mabel Loza, Amparo Alonso e María Victoria Lareu Huidobro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

Matemáticos de Santiago e Lausana resolven un problema de xeometría aberto dende hai 60 anos

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos

Por que algúns nenos teñen problemas coas matemáticas?

Investigadores detectan que certas habilidades cognitivas e de planificación inflúen no rendimiento académico infantil