A intelixencia artificial na sanidade galega axilizará os diagnósticos e mellorará a eficiencia

A Xunta investirá máis de 200 millóns de euros nos próximos anos para abordar a transformación dixital do Sergas e para impulsar esta tecnoloxía

O sector sanitario non é alleo á chamada cuarta revolución industrial que está en marcha en todo o mundo coa explosión da intelixencia artificial (IA). Galicia conta con distintos proxectos en marcha neste terreo que —segundo explica o subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información do Sergas, Benigno Rosón— vai ter melloras importantes para os pacientes no futuro próximo. Sobre todo, no que se refire á axilidade nos diagnósticos e a eficiencia nos tratamentos.

“Dende hai tempo sabemos que a IA é unha tecnoloxía robusta e que funciona, e por iso se está a utilizar e a regular en todo o mundo. O obxectivo final é beneficiar os pacientes”, indica Rosón. Tamén destaca como liñas nas que se está a traballar: a integración dos sistemas de IA na sanidade pública para o apoios aos procesos diagnósticos, avanzar na xestión masiva de datos e o tratamento de imaxes médicas, e a xeración de alertas para os profesionais.

Publicidade

Entre as iniciativas que xa se están a desenvolver en Galicia, Rosón apunta ao gran investimento realizado para dixitalizar a imaxe patolóxica, o uso dos cribados para mellorar as posibilidades de diagnóstico e o emprego de algoritmos para axudar a identificar con máis precisión as enfermidades raras. A dispoñibllidade de inxentes cantidades de datos, o incremento das capacidades de procesamento e almacenamento das computadoras e o desenvolvemento de algoritmos que xeren patróns comúns e lles dean sentido son tres elementos clave que incidirán na detección precoz, o diagnóstico e o tratamento de enfermidades.

Historia clínica electrónica

Ademais, un dos puntos a destacar na estratexia do Sergas no uso da IA é a súa aplicación na Historia Clínica Electrónica, co obxectivo de contar co maior número de datos posibles sobre os pacientes para axudar aos profesionais sanitarios a realizar os diagnósticos e tratamentos máis axeitados. Este sistema permite integrar oa datos xerados en todos os centros sanitarios galegos, xerando 400.000 rexistros ao día e preto de 150 millóns de datos ao ano.

Publicidade

“A mellor IA é a que dun xeito transparente e inocuo mellora o servizo ao cidadán que, de cara ao futuro, vai notar máis axilidade no sistema sanitario para diagnosticalo, terá unha maior seguridade nese diagnóstico. A IA vai moi ligada á eficiencia e o paciente tamén o vai notar ao aplicar a autoaxuda no manexo das súas patoloxías”, indica Rosón, que deixa tamén moi claro que estas novas tecnoloxías sempre van ser un apoio para o profesional sanitario, que será sempre o encargado de tomar a última decisión.

O Plan Estratéxico de Transformación e Saúde Dixital da Consellería de Sanidade 2023 e 2026 conta con varias liñas de actuación nos que os proxectos de IA están moi presentes e cara aos próximos anos os investimentos a realizar pola Xunta de Galicia neste terreo superarán os 200 millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

A Xunta activa por primeira vez a emerxencia cinexética en toda Galicia ante os danos do xabaril

A medida estará vixente ata o 31 de xullo de 2027 e permitirá intensificar as capturas para reducir os danos na agricultura, os accidentes de tráfico e os riscos sanitarios

A UDC crea unha plataforma de IA para personalizar o tratamento da incontinencia urinaria feminina

O proxecto XINE-IA combinará datos clínicos, tecnoloxías terapéuticas e experiencia de pacientes para apoiar aos profesionais sanitarios