Así varía a posición do Sol ao longo dun ano

As fotografías de David Couce permiten observar como o astro muda o lugar polo que se oculta en función do mes no que observemos o atardecer

Cando se está a desfrutar dun atardecer seguramente ninguén se para a pensar como sería esa imaxe vista dende ese mesmo sitio pero noutro mes do ano. Hai diferenzas que son lóxicas: a hora para velo non vai ser a mesma porque a posta do sol en inverno prodúcese arredor das 18 horas; e, en verán, esa hora retrásase ás 22 horas. Pero hai outras variacións que seguramente non son tan evidentes. E é que o lugar polo que se pon o Sol nunca vai ser o mesmo. David Couce, afeccionado á fotografía, consegue captar unha posta de sol por cada mes do ano. Nas súas imaxes pódese observar precisamente iso: como varía o lugar polo que se pon o Sol ao longo dun ano.

Para levar a cabo este proxecto, Couce decide establecer, en primeiro lugar, unha localización. Neste caso, o punto mais alto da ría de Ferrol, o Couto do Rei en Fene. “Dábame unha vista moi recoñecible da miña terra e moi panorámica”, explica o fotógrafo. E tamén decide fixar a data para realizar as instantáneas. Neste sentido, tivo que establecer unha marxe relativamente ampla porque en inverno é máis difícil atopar días nos que se vexa a posta de sol. Así foi que marcou entre o 10 e o 20 de cada mes para tomar as fotos. “En outubro e novembro pensei que non o conseguiría… pero sempre sae o Sol! En outubro só tiven un día despexado”, declara Couce.

Publicidade

Nas imaxes móstrase a posición do Sol ao atardecer en cada mes do ano. No solticio de inverno o astro poñíase ás 17.59 horas e, en xuño —no solsticio de verán—, ás 22.17 horas. Dende a súa posición, Couce podía observar como o Sol se ocultaba á altura da Coruña en decembro; mentres que en xuño o facía polo cabo Prior en Ferrol. Estas variacións mensuais teñen unha explicación: débese a que a inclinación da Terra respecto ao sol vai variando durante a súa rotación. Desde un lugar fixo na Terra, o Sol parece moverse ao longo do ceo. Isto é porque a súa posición depende da localización dun punto na Terra, a hora do día e a época do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

A extraordinaria imaxe dun cúmulo de estrelas capturada dende Ribadeo

O afeccionado á astronomía Hugo García retratou As Pléiades tras dúas horas de exposición cun pequeno telescopio fotográfico