De Touriñán a monte Pindo: a Costa da Morte en tres solpores

Do 24 de marzo ao 23 de abril, no entorno de Fisterra observarse o derradeiro ocaso da Europa occidental

O solpor enmarca unha maioría das fotos gardadas no móbil: en miradores do casco urbano ou en impresionantes cantís ao carón do mar. Na Costa da Morte esta é unha imaxe habitual, que se repite tódalas semanas ante centos de ollos e cámaras; especialmente en primavera e verán —cada vez máis preto—, cando o ceo está despexado e danse combinacións de cor imposibles de imaxinar. O sol agochándose para dar paso á noite é unha estampa natural que varía segundo esteas en Fisterra, Camariñas, Muxía ou Carnota, algúns dos 17 concellos que conforman este complexo. Estes entornos naturais son fogar de praias, montes e cantís e mesmo costumes, folclore e gastronomía propias, que se chama a conservar en favor dunha riqueza territorial e dun turismo sostible. Esta circunstancia fixo que a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, puxese en valor este fenómeno co produto turístico Alén do Solpor.

En Costa da Morte, en Cabo Touriñán, atópase o punto máis occidental de España; e se trazamos unha liña recta dende o cabo en dirección ao horizonte, cunha lonxitude de 5200 kilómetros, chegariamos a Nova York. Este é un dos múltiples enclaves que permiten observar o sol afundirse no mar. Alén do solpor propón percorrer a Ruta da Costa da Morte en tres días. A primeira parada é nas inmediacións de Fisterra; a segundo, en Cabo Touriñán, e a última, en Monte Pindo. Pola súa situación, agora —do 24 do marzo ao 23 de abril— estes tres destinos son os lugares máis representativos para observar o derradeiro de solpor da Europa occidental, fenómeno que só volve a acontecer entre o 18 de agosto e o 19 de setembro.

Publicidade

Solpor en Fisterra

A viaxe arranca en Fisterra, vila mariñeira distinguida pola súa lonxa e repleta de bares de tapas, como consecuencia do seu pulo turístico. A primeira de todas as referencias ao sol está alí, na rúa e praza Ara Solis, homenaxe ao altar lendario de orixe fenicia que supostamente existiu no cabo Fisterra para rendir culto a este enorme e brillante astro. Nun extremo de Fisterra atópase o castelo de San Carlos; máis adiante no camiño, o templo románico de Santa María das Areas, e preto as ruinas de San Guillerme —lugar posible de Ara Solis—, cuxa orixe dise está relacionada con Guillerme, duque de Aquitania, que peregrinou ata alí para pasar os seus últimos anos de vida.

O faro de Fisterra é un dos símbolos máis recoñecibles do enclave. Crédito: Turismo de Galicia

A tarde pode discorrerá entre cabos: o da Nave e Fisterra. Entre os dous, atópase a praia de Mar de Fóra, que se abre ao océano ofrecendo outra posibilidade para ver o sol caer. O cabo da Nave quedará aos pés do imponente miradoiro do Veladoiro, en cabo Fisterra, o punto de chegada deste percorrido entre solpores.

Solpor en Cabo Touriñán

A Costa de Camariñas, onde as palilleiras fan os seus traballos do encaixe, é o seguinte destino. A primeira parada será na parroquia de Camelle, en cuxos coídos vivía até hai pouco un eremita alemán, coñecido popularmente como Man. O sol, o mar, a pedra e o vento foron os materiais cos que teceu a súa obra, hoxe convertida nun museo dedicado á súa figura. Preto están no camiño o areal en forma de media lúa do porto de Arou, afastado do barullo das zonas turísticas, e o cemitorio dos ingleses, monumento erixido coma homenaxe aos 172 mariñeiros falecidos naufraxio do buque británico de The Serpent en 1980.

Cóntase que en Muxía a Virxe lle deu azos ao apóstolo Santiago. Crédito: Turismo de Galicia

O veciño concello Muxía garda unha das valiosas lendas que a tradición oral permitiu pervivir. A crenza popular di que a Virxe chegou nunha barca de pedra a este lugar da costa de Muxía para lle dar azos ao apóstolo Santiago na evanxelización de Galicia. Os supostos restos da barca, espallados nos arredores do santuario, son meta de peregrinación para aproveitar as propiedades curativas e adivinatorias destas rochas. Calquera pode achegarse ao santuario da Virxe da Barca para intentar achar a embarcación de pedra na que María chegou ata esta vila da Costa da Morte.

Este sentir espiritual suspendido no aire continúa na penúltima parada antes do solpor, o mosteiro de San Xiao de Moraime, xoia da arquitectura románica e fogar dun mapa astral, que reforza a idea deste lugar como espazo de reunión de magos e observadores dos astros. Este é o punto previo ata Cabo Touriñán, en liña directa con Nova York e lugar de observación do penúltimo dos tres solpores.

Solpor no Monte Pindo

O miradoiro do Ézaro ofrece unha fermosa vista sobre a paisaxe de costa. Crédito: Turismo de Galicia

O baño ritual nas augas do fin do mundo da praia da Langosteira ao longo dos seus dous kilómetros recibiranos ao comezo da última xornada en ruta pola Costa da Morte. Desde aquí, o camiño pode dirixirse en varios sentidos polo entorno natural próximo. Ben cara ao faro de Cee, cunha vista privilexiada ao próximo destino, ou ben cara as illas Lobeiras, fogar de amplas colonias de corvos mariños e gaivotas. Desde o faro obsérvase a praia de Carnota, a máis longa de Galicia cun areal 7 kilómetros de lonxitude, perfecto para dar un paseo antes do almorzo.

Unha das fermosas postais da paisaxe costeira terémola desde o miradoiro do Ézaro, no concello de Dumbría. Antes de chegar ata el, é obrigatoria unha anterior parada onde o río Xallas precipítase ao mar e forma a colosal fervenza pola que é coñecida ese lugar. Esta é a última parada antes de Monte Pindo, un macizo de granito de grandes dimensións envolto en crenzas e lendas. Unha esixente ruta de ascenso ata a gran rocha granítica (A Moa) é a antesala ao último solpor da Europa occidental. Alí, este entorno dominado polo verde da herba e o gris das miles de pedras espalladas alíñase con Compostela e o cabo Fisterra.

Monte Pindo é un macizo de granito envolto en crenzas e lendas. Crédito: Turismo de Galicia

Máis información en www.turismo.gal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Non son medusas: estes son os animais que apareceron nas praias da Costa da Morte e do Morrazo

A principal hipótese atribúe o varamento masivo de veleiriños ás correntes e fortes ventos provocados pola borrasca Nelson

A carabela portuguesa invade as praias da Coruña: como actuar se che pica?

Na Costa da Morte tamén aparecen exemplares de 'Pelagia noctiluca', unha medusa luminiscente cunha picadura moi urticante

Onde ver o mar de ardora? Estas son as mellores praias da Costa da Morte

O fenómeno de bioluminiscencia deixouse ver nas últimas semanas con todo o seu esplendor nos areais de Estorde (Cee) e Carnota

Cabo Ortegal, novo Xeoparque Mundial: “A decisión da Unesco reforzará o turismo de calidade”

O vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira, cre que a distinción impulsará o asentamento de poboación nova