A extraordinaria imaxe dun cúmulo de estrelas capturada dende Ribadeo

O afeccionado á astronomía Hugo García retratou As Pléiades tras dúas horas de exposición cun pequeno telescopio fotográfico

As posibilidades do ceo son infinitas e sempre hai un novo fenómeno por descubrir. O pasado 23 de outubro, Hugo García, afeccionado á astronomía, desprazouse a Vilar (Ribadeo) para visitar a familia da súa parella e tamén o seu punto habitual de observación astronómica. É alí onde ten instalado o seu equipo, no que destaca un pequeno telescopio fotográfico. Grazas a el, puido inmortalizar As Pléiades, un cúmulo de estrelas novas en termos de idade estelar, que aínda permanecen envoltas pola nebulosa azul da que naceron e que non chegaron a dispersarse polo espazo.

A extraordinaria fotografía foi publicada o 17 de decembro no seu perfil de X, aínda que a explicación do fenómeno pode simplificarse: “Podería dicirse que é unha gardería de estrelas“, sinala o aprendiz de astrónomo. No catálogo Messier figuran como M45 e están situadas na constelación de Tauro. Trátase dun cúmulo visible a simple vista, mesmo dende cidades pouco iluminadas. “É o máis grande do ceo”, afirma García, ademais de ser un dos máis próximos á Terra.

Publicidade

A imaxe final das tamén coñecidas como As Sete Irmás é o resultado da unión de varias fotografías cun total de dúas horas de integración, é dicir, o tempo total de exposición sumando toas as tomas. “Fago diferentes capturas do obxecto e logo xúntoas nunha soa imaxe”, explica, unha técnica que continúa a perfeccionar.

Con todo, hai quen confunde as Pléiades coa Osa Maior, xa que presentan unha forma semellante á dun pequeno cullerón. Ao verse máis compactas e agrupadas, dan a impresión de ser unha versión en miniatura do Carro, especialmente quen non está acostumado a identificar constelacións no ceo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

Destinos Starlight en Galicia: lugares cruciais para desfrutar das novas choivas de estrelas

As Leónidas acadarán o seu punto álxido o próximo 17 de novembro cunha Lúa que favorecerá a súa visibilidade que dependerá da meteoroloxía