Guía para non perder a chuvia de estrelas das Xemínidas en Galicia esta fin de semana

O pico de actividade chegará con máis de 120 meteoros por hora e alcanzará o seu pico entre a noite do 13 e a madrugada do 14, con ceos despexados na maior parte do territorio

Xa pasaron as chuvias de estrelas das Perseidas, das Líridas e das Dracónidas. Agora, as que temos máis próximas no calendario son as Xemínidas, unha das chuvias de meteoros máis activas do ano segundo o Instituto Xeográfico Nacional. Con máis de 120 meteoros por hora e unha velocidade próxima aos 35 km/s durante varios días, o seu pico de actividade terá lugar na noite do 13 ao 14 de decembro, con máximo arredor das 9:00 horas. A Lúa, en fase minguante, sairá cara as 3 da madrugada, polo que o ideal será intentar observalas antes desa hora.

No hemisferio norte, estes fragmentos poden verse entre o 4 e o 17 de decembro. Nas latitudes próximas a 40o N, como Ourense, o radiante permanece sobre o horizonte dende aproximadamente unha hora despois do solpor e ata o amencer.

Publicidade

O bo tempo en Galicia favorecerá a súa observación na maior parte da comunidade, con ceos despexados, agás na Costa da Morte e a Mariña lucense, onde se agardan máis nubes.

Unha chuvia de estrelas peculiar

A orixe desta chuvia de estrelas é o asteroide Faetón, identificado en 1983 polo telescopio IRAS. Antes desa data non estaba asociado ningún cometa, e precisamente aí radica a súa maior singularidade, xa que a maioría das chuvias de meteoros proceden de cometas.

Publicidade

Na actualidade, os astrónomos seguen a debater sobre a súa verdadeira natureza. Unha das hipóteses é que Faetón sexa un cometa extinto e que os fragmentos que dan lugar ás Xemínidas se desprendesen hai séculos, cando o obxecto celeste aínda presentaba actividade cometaria.

Que facer para velas?

Partindo da previsión meteorolóxica de MeteoGalicia, xa contamos cunha boa base para a observación. Como en calquera chuvia de estrelas, o máis importante é buscar un lugar cun ceo escuro e poucos obstáculos no horizonte. Non son necesarios instrumentos ópticos, como prismáticos, xa que poden reducir o campo de visión. Durante esta fin de semana, coincidindo co pico de actividade, o IXN recomenda colocarse de costas á Lúa para evitar que o seu brillo cegue e dificulte a observación dos meteoros.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla