AlphaChick, a plataforma de intelixencia artificial que transformará a xestión avícola

A solución integra datos de sensores IoT, análise NIR e rexistros dixitais de granxa, permitindo un control centralizado e automatizado de todos os parámetros produtivos

A empresa tecnolóxica TripleAlpha avanza cara á fase final de desenvolvemento de AlphaChick, unha innovadora plataforma que combina Intelixencia Artificial (IA), análise nutricional avanzada e automatización intelixente para transformar de maneira integral a xestión das explotacións avícolas. A solución, xa nunha etapa moi madura, encamíñase á súa validación final en granxas reais, onde demostrará o seu potencial para mellorar a eficiencia, a sustentabilidade e o benestar animal.

O proxecto aborda un dos grandes desafíos do sector: a xestión dispersa e manual de datos críticos como o consumo de penso, o crecemento das aves, a mortalidade ou os indicadores de saúde. Esta falta de dixitalización limita a análise en tempo real e reduce a capacidade de resposta das explotacións ante incidencias produtivas, sanitarias ou relacionadas coa eficiencia, unha situación aínda habitual en boa parte das granxas.

Publicidade

AlphaChick ofrece unha plataforma cloud unificada que integra datos procedentes de sensores IoT ambientais, dispositivos de análise NIR, formularios web para dixitalizar os rexistros de granxa e sistemas de información internos. Todos estes datos procésanse no contorno de Azure e visualízase nunha aplicación responsive con dashboards baseados en Power BI, o que permite un control continuo e centralizado de todos os parámetros clave de cada lote produtivo.

Un dos elementos máis innovadores do proxecto é a incorporación da tecnoloxía NIR (Near Infrared), que permite analizar de forma inmediata a composición nutricional dos pensos, achegando información en tempo real sobre parámetros como proteína, graxa ou humidade. Esta capacidade é clave para optimizar a alimentación e reducir a dependencia de laboratorios externos, facilitando unha formulación máis precisa e eficiente.

Publicidade

Unha solución personalizada

AlphaChick está deseñada para adaptarse ás necesidades de cada explotación e facilitar a automatización intelixente, permitindo configurar alertas e respostas automáticas ante incidencias, como variacións anómalas no consumo de penso ou incrementos na mortalidade. Este enfoque reduce a supervisión manual e acurta os tempos de reacción.

Este avance supón un paso decisivo no obxectivo de levar AlphaChick ata a súa implantación efectiva no sector, tras unha fase de desenvolvemento na que a plataforma incorporou modelos avanzados de análise de datos e Intelixencia Artificial orientados á mellora da toma de decisións nas explotacións avícolas.

O proxecto está financiado a través do programa IG408M – IA 360, impulsado polo IGAPE (Xunta de Galicia) co apoio dos fondos Next Generation EU e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. TripleAlpha prevé concluír o desenvolvemento nos próximos meses e facilitar o seu despregamento no sector avícola galego como unha ferramenta clave na súa transición dixital.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

Un grupo de investigación da USC alerta dos perigos da intelixencia artificial en contacto coa infancia

O traballo analiza diferentes experiencias dos Estados Unidos e China e expón a necesidade de valorar a IA dende unha perspectiva tecnolóxica, educativa, lexislativa e ética