ChatPEC: a iniciativa con selo galego que usa o sarcasmo para concienciar sobre o clima

A ferramenta en liña responde con reprimendas humorísticas para mentalizar ao público do impacto ambiental que ten a intelixencia artificial

“Holi! Son un software sarcástico que luzo como eses famosos “bots” de conversación, aínda que non o sexa. Vin ao mundo para concienciarvos sobre o negativo que é a intelixencia artificial (IA) para o medio ambiente”. Así se presenta ChatPEC, unha nova ferramenta con selo galego en liña para mentalizar do consumo que supón o emprego da IA, creada pola axencia de comunicación AGATA e a desenvolvedora web Marta Torre.

Do mesmo xeito que calquera outro chatbot, ChatPEC responde a preguntas e comentarios en formato escrito, aínda que a resposta non está xerada por IA. Trátase de reprimendas sarcásticas, con ton de xeración zeta, sobre os problemas desta tecnoloxía. É dicir, é dun “bot molesto” porque se emprega sen considerar o consumo de auga, luz ou a xeración de gases de efecto invernadoiro que levaría asociados se fose unha IA real.

Publicidade

“En España adoptáronse as intelixencias artificiais dun xeito pouco crítico, sen considerar os seus impactos, sobre todo ambientais, e queriamos lanzar unha iniciativa que visualizase este asunto”, afirma Juan José Sáenz da Torre, cofundador de AGATA.

Polo clima

Así, o ChatPEC responderá con frases como: “En serio queres que gaste a miña enerxía, que é moita a que necesito, para contestarche a iso?” ou “Luces un pouco Taylor co seu jet privado usándome tanto”. De feito, o nome ChatPEC xoga co significado do acrónimo PEC, “polo cu”, empregado por esa xeración para describir algo que lles gusta moito, pero substituído por PEC, “polo clima”. As respostas veñen á súa vez acompañadas con ligazóns externas, principalmente a artigos científicos e xornalísticos, para ampliar a información.

Publicidade

ChatPEC é totalmente gratuíto e utiliza un aloxamento web sostible grazas a Lucushost, unha empresa española de aloxamento con sede en Galicia. Cun formato sinxelo e dinámico, ChatPEC ofrece unha serie de respostas aleatorias para chegar a todos os públicos dunha forma entretida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Unha plataforma desenvolvida en Vigo abre novas vías para a rehabilitación da cognición social con IA

O proxecto ET-Plus, impulsado polo IIS Galicia Sur, personaliza o adestramento de habilidades en persoas con patoloxías mentais graves ou adiccións

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego