Cervexa de pementos, percebes… e agora de castañas

Nova reviravolta comercial de Estrella Galicia e o seu departamento de I+D. A cervexeira lanzará o vindeiro 28 de novembro na súa web unha nova cervexa, esta vez baseada en castañas. É a cuarta edición do seu proxecto “Fábrica de Cervexas”, que en anteriores ocasións xa lanzou ao mercado bebidas baseadas en Pementos de Padrón, Percebes do Roncudo e Cabaza e Vainilla. En todos os casos, esgotáronse en cuestión de horas.

Segundo informa a empresa, haberá unha edición limitada a 8.000 litros que se venderá desde estes mesmos días en establecementos seleccionados, e a partir do 28 poderase encargar tamén na web da marca.

Publicidade

Estrella Galicia decantouse polas castañas, “un produto de temporada que evoca o outono e a época dos magostos. Segundo explica Luis Alvar, un dos mestres cervexeiros da empresa, “o ingrediente é un clásico desta estación, que usamos nas dúas fases do proceso de elaboración da cervexa para obter toda a súa esencia: durante a elaboración do mosto e na etapa de maduración”, explica Alvar. O experto engade que “o resultado é que tanto o sabor como o aroma da castaña queda perfectamente integrado nas características propias do noso estilo de cervexas”.

Respecto ao sabor, Estrella Galicia sinala que é “unha creación doce e sedosa, con agradables notas afumadas, florais e acarameladas ao entrar na boca. O seu aroma a froitos secos e castañas acádase grazas á incorporación do froito en todas as fases do proceso, co obxectivo de intensificar a súa achega sensorial”.

Publicidade

Nos últimos anos, o traballo de investigación, desenvolvemento e innovación da cervexeira foi distinguido por diversos colectivos científicos, como o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta anuncia máis de 10 millóns para proxectos de I+D+i e tecnoloxías de alto impacto

Rueda lanza tres novas convocatorias de axudas destinadas a impulsar a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico

Galletas baixas en azucre: así se elabora un aperitivo saudable co bagazo da cervexa

Científicas de Madrid e Uruguai crean un novo produto rico en fibra dietética e capaz de controlar o apetito a curto prazo

MEGA, un museo da cervexa para todos os sentidos

Estrella Galicia inaugurou en 2019 a instalación para crear unha experiencia en torno á marca, pero apostando polo ámbito cultural

Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática