A Xunta anuncia máis de 10 millóns para proxectos de I+D+i e tecnoloxías de alto impacto

Rueda lanza tres novas convocatorias de axudas destinadas a impulsar a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este mércores o lanzamento de tres novas convocatorias de axudas destinada a impulsar a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico na comunidade autónoma. Estas iniciativas, dotadas con máis de 10 millóns de euros, teñen como obxectivo “consolidar Galicia como un referente innovador e no I+D+i”.

Durante a presentación do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, Rueda puxo énfase no compromiso da Xunta coa ciencia. “O I+D abre portas, supón oportunidades, xera tranquilidade, riqueza, emprego e acelera a mellora da sociedade”, indicou tras asegurar que ademais a investigación que se realiza na comunidade “forma parte da marca Galicia Calidade e da excelencia do que se fai aquí”.

Publicidade

Tal e como explicou o presidente, as novas axudas céntrase en tres ámbitos prioritarios para a Administración: proxectos colaborativos no sector da biotecnoloxía, co obxectivo de reforzar as capacidades do sector; proxectos colaborativos das chamadas tecnoloxías profundas, dirixidas ao fomento da intelixencia artificial e a cuántica no ecosistema galego de I+D+i; e apoio a proxectos de investigación e desenvolvemento empresarial, que brinda apoio ás empresas para xerar solucións tecnolóxicas de alto impacto e o fomento do emprego altamente cualificado.

Plan galego de investigación e innovación 2025-2027

Rueda realizou este anuncio ante uns 1.800 membros da I+D+i galega durante o acto para presentar o Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, unha folla de ruta dotada con 1.310 millóns de euros (20% máis que o anterior marco) que busca transformar o modelo produtivo galego e consolidar Galicia como un referente nacional e internacional neste sector.

Publicidade

O plan contén 165 instrumentos articulados a través de cinco programas que abranguen atención aos investigadores e ao persoal que traballa no sector; axudas á investigación e ao desenvolvemento tecnolóxico; apoio á innovación empresarial e ao emprendemento innovador; reforzo da conexión entre coñecemento, tecnoloxía e sectores produtivos, e maior visibiidade e presenza da I+D+i galegas a nivel nacional e internacional.

Rueda apuntou á aposta da Xunta pola innovación como “a mellor garantía para enfrontar os desafíos futuros”, situando a investigación e a innovación no centro do desenvolvemento económico e social do territorio. Neste senso, o presidente indicou que Galicia é a comunidade que máis incrementou o investimento en I+D a nivel estatal no último ano, cun 28,2% máis ata preto de 1.000 millóns de euros.

O xefe do Executivo galego reivindicou o ecosistema innovador de Galicia con avances notables en áreas estratéxicas como “a biotecnoloxía, a intelixencia artificial ou as tecnoloxías cuánticas”. O novo plan sitúa o foco no reforzo do talento, da especialización e da transferencia tecnolóxica e de coñecemento ao tecido produtivo.  

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla