Adeus á factoría de Sargadelos de Cervo, onde Díaz Pardo e Seoane plasmaron o seu soño

O administrador único da histórica compañía fundada por Díaz Pardo ven de comunicar o cese de actividade tras unha serie de multas de Traballo

Fin para un dos emblemas culturais e industriais de Galicia. Pecha emblemática factoría de Sargadelos de Cervo (Lugo). O seu administrador único, Segismundo García, comunicou este 2 de abril aos traballadores que a fábrica mariñana da compañía que fundou Isaac Díaz Pardo cesa a súa actividade logo de recibir unha multa de 5.000 euros por unha trintena de deficiencias detectadas nunha inspección de Traballo no edificio de Cervo, catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC) .

Díaz Pardo con Seoane na factoría en 1971 (Fundacíon Isaac Díaz Pardo).

A noticia colleu por sorpresa aos 80 empregados da factoría da Mariña e mantén en vilo ao outro cento que traballa na fábrica de Sada da emblemática firma de cerámica, un referente artístico e cultural de Galicia. Os deseños de Sargadelos trazados polo traballo de Díaz Pardo e Luis Seoane son parte indubidable da idiosincrasia galega. E ségueno a ser a pesares dos cambios e polémicas que arrodearon as últimas décadas de xestión da marca.

Publicidade

As orixes de Sargadelos remóntanse a comezos do século XIX, cando o fidalgo Antonio Raimundo Ibáñez fundou a factoría de louza. A máis tarde denominada Real Fábrica de Sargadelos pecharía en 1875. Porén, o que hoxe entendemos por Sargadelos débese a Isaac Díaz Pardo. A mediados do século XX, o intelectual compostelán puxo a mirada en Cervo logo de crear a fábrica do Castro, en Sada.

Alí quería poñer en práctica os ensaios do Laboratorio de Formas, constituído en colaboración con Luis Seoane na viaxe a Arxentina na que Díaz Pardo entrou en contacto ca colectividade galega emigrada no país austral. A recuperación de Sargadelos, en palabras do propio Díaz Pardo, foi máis que un proxecto empresarial porque ía alén da produción e o deseño de cerámica. Constituía unha rama máis dun “movemento cultural, social e político”.

Publicidade

Logo da morte de Isaac Díaz Pardo no ano 2012 desatouse un enfrontamento entre os seus herdeiros e o administrador da firma, Segismundo García, polo xeito de dirixir este último a empresa, tanto no eido empresarial como, sobre todo, no campo simbólico para unha marca asociada de xeito inequívoco a Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os hórreos, recoñecidos como Patrimonio Cultural Inmaterial

O Consello de Ministros aprobou un decreto que garante a protección, estudo e transmisión ás futuras xeracións deste legado tradicional

A cidade onde se deseña o coche do futuro

A creación do World Car Center é unha aposta da Zona Franca que promove innovacións como o deseño de baterías, a conectividade e a autonomía

A revolucionaria tecnoloxía en Vigo que será un centro industrial de Europa

“É un proxecto estrela para Galicia”, destaca o delegado da Zona Franca de Vigo sobre a creación dunha nova fábrica de microchips fotónicos

Os sorrisos burlóns que buscan ser Festa de Interese Turístico Nacional

Boteiros, peliqueiros ou pantallas estiveron presentes na décima edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask