Os hórreos, recoñecidos como Patrimonio Cultural Inmaterial

O Consello de Ministros aprobou un decreto que garante a protección, estudo e transmisión ás futuras xeracións deste legado tradicional

Dende o 31 de marzo, os hórreos galegos xa son recoñecidos como Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial, xunto cos existentes en Asturias, León, Cantabria e o País Vasco. O Consello de Ministros aprobou este martes o Real Decreto, por proposta do ministro de Cultura, Ernest Urtasun, polo que se recoñecen estas estruturas como vehículos de transmisión e expresión simbólica de identidade.

O obxectivo desta declaración é garantir esta dimensión inmaterial, incorporándoa de maneira explícita aos procesos de identificación, documentación, estudo e difusión deste patrimonio, reforzando así o seu recoñecemento e transmisión interxeracional, segundo sinala o Goberno.

Publicidade

Os hórreos son construcións de arquitectura popular deseñadas para gardar as colleitas e os alimentos, protexéndoos de roedores e outras alimarias. A súa principal característica é que se erguen sobre pés dereitos que os illan do chan, favorecendo a ventilación interior e impedindo o acceso dos animais. Con todo, máis aló da súa dimensión material, posúen tamén un importante valor simbólico e social como depósito de memoria e espazos cargados de prácticas, relatos e modos de vida tradicionais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro