Esta ilusión optica deixa perplexo a medio mundo

Os diferentes tipos de ilusión óptica que circulan a través das redes non deixan de fascinar a medio mundo. Despois dalgunhas das creacións de expertos neste eido como Akiyoshi Kitaoka ou a galega Susana Martínez Conde, autora dalgunhas das creacións máis abraiantes deste tipo, algunhas delas escollidas entre as tres mellores do 2018, ou a máis recente na que se recrea o movimento da obra A noite estrelada de Van Gogh, chega unha nova imaxe que está xerando gran interese.

A neurocientífica Alice Proverbio compartiu a ilustración dunha bóla que parece moverse sobre un fondo en forma de funil dobre. Porén, a imaxe está realmente fixa. Despois de que a científica difundira a imaxe nas redes sociais, comezaron a circular ilusións ópticas semellantes que tamén parecían estar en movemento. O debuxante Beau Deeley deu a coñecer estas ilustracións, que ofrecen o mesmo efecto.

Publicidade

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Celta vs. Deportivo: dúas formas de reivindicar a lingua galega dende o fútbol

As estratexias de comunicación de ambos clubes buscan reforzar o vínculo coa afección e coa cultura do territorio a través do idioma

A Unión Europea propón prohibir as redes sociais aos menores de 13 anos e restrinxilas ata os 15

A nova EU Kids Act podería afectar a videoxogos e chatbots de intelixencia artificial e limitar os sistemas de retención de usuarios

Maite Taboada, colaboradora de Google: “O odio comeza por nós, o que fan as redes sociais é distribuílo”

A nova membro da Real Academia Galega de Ciencias é catedrática de Lingüística no Canadá, onde centra a súa liña de investigación na análise do discurso na rede e da desinformación

A información falsa sobre os protectores solares xera máis interacción en TikTok que os datos científicos

Só o 6% dos vídeos analizados por un estudo canadense mencionaba de forma explícita a redución do risco de cancro