Estas son as 3 mellores ilusións ópticas de 2018 (e teñen selo galego)

A neurocientífica coruñesa Susana Martínez-Conde dirixe o laboratorio de neurociencia da Universidade Estatal de Nova York e organiza cada ano, desde o 2005, o concurso ‘A Mellor Ilusión do Ano’, no que participan as mellores imaxes que enganan á nosa mente. Este eido, aínda que pareza máis próximo ao mundo do lecer, resulta moi atractivo para a ciencia porque as ilusións visuais, lonxe de ser erros da nosa percepción, poñen de relevo como funciona o noso cerebro.

O certame do 2018 vén de anunciar aos gañadores e estas son as tres mellores ilusión ópticas do ano, coa súa explicación.

Publicidade

Triple obxecto ambiguo

Esta ilusión foi creada polo xaponés Kokichi Sugihara. Trátase dun debuxo en dúas dimensións que semella ser tres obxectos diferentes en tres dimensións. O obxecto xera tres interpretacións diferentes cando se ve desde tres puntos de vista especiais.

Ilusión de movemento cun xiro

Os británicos David Phillips, Priscilla Heard e Christopher Tyler gañaron o segundo premio con esta ilusión de movemento cun xiro. A franxa de rombos móvese en diagonal, pero cando se lle engaden unhas burbullas azuis, semella cambiar de dirección ou mesmo xirar sobre si mesma. Estes efectos ilustran as complexas interaccións entre os campos de fluxo de movemento e o movemento inducido nos seus bordos auto definidos.

Publicidade

Ilusión do ollo dun verme

Neste vídeo o sentido do movemento é moi real. Pero en realidade non existe. Simplemente están a cambiarse as cores das franxas do verme. O sorprendente é que a dirección do movemento pode mudar simplemente cambiando de cor. Este cambio de dirección prodúcese porque o espectador ve automaticamente o máis prominente das dúas cores como primeiro plano (é dicir, o suxeito) e a cor menos prominente como fondo. Os seus creadores, os británicos Michael Pickard e Gurpreet Singh, acadaron o terceiro premio no certame de Nova York que dirixe a galega Susana Martínez-Conde.

E aquí podes ver outras das mellores ilusións ópticas do certame nos últimos anos:

Sete ilusións ópticas que descontrolan o noso cerebro

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un potente anticiclón chega a Galicia: estamos ante a primeira onda de calor do ano?

As temperaturas poderán ser as máis altas rexistradas para esta época do ano entre finais da semana e comezos da próxima

Dos ventos do sur aos eucaliptos vellos: os factores tras o primeiro grande incendio da tempada en Galicia

A combinación de factores no lume de Herbón-Padrón, con 350 hectáreas queimadas, confirma unha mudanza nos patróns de propagación

Crista subtropical sobre Galicia: os modelos europeos anticipan temperaturas extremas

A chegada dunha masa de aire cálida traerá unhas anomalías positivas de 6ºC no litoral galego e ata 10ºC no interior

Unha igrexa e un curtidoiro elevan a 93 os bens galegos na Lista Vermella

A Coruña concentra o maior número de monumentos en risco, con 34, seguida de Lugo, Pontevedra e Ourense