A ilusión óptica que ‘move’ “A noite estrelada” de Van Gogh

"A noite estrelada", de Vincent Van Gogh.
“A noite estrelada”, de Vincent Van Gogh.

Por máis que miramos para o que conseguiu facer Vincent Van Gogh nos seus cadros, seguimos ficando coa boca aberta. En 1899, mentres estaba recluído nun sanatorio en Saint-Rémy-de-Provence, asolado polos seus problemas psiquiátricos, o artista holandés creou unha das súas pinturas máis recordadas, A Noite estrelada. O ceo parece moverse entre remuíños que conforman as estrelas, a Lúa e Venus, no que é unha das obras mestras do postimpresionismo.

A fixación de Van Gogh polos remuíños nesta última etapa da súa vida, que conseguiu trasladar aos cadros grazas ao useo de óleo húmido e pinceis finos, permitiu xerar un curioso fenómeno que está percorrendo estes días as redes sociais.

Publicidade

Unha mensaxe en Twitter acompaña o cadro de Van Gogh cunha espiral branca e negra que xira sen parar. As instrucións son claras. Mirar durante 10 segundos a espiral en movemento, e logo pousar a vista sobre A Noite Estrelada. A vista, habituada a ver xirar o remuíño, transforma mediante unha ilusión óptica a obra nun cadro en movemento. Paga a pena comprobalo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a arte cruza fronteiras, perde un país a súa memoria?

A saída de obras e bens culturais do seu contexto orixinal pon en risco a preservación da identidade colectiva dos pobos

O IGFAE tece fíos entre a física e a creación cun programa de residencias artísticas

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 20 de outubro de 2025 e a proposta seleccionada recibirá unha achega de 8.000 euros

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Exoplanetas de spray e tinta: ciencia e arte alíanse nun proxecto internacional con selo galego

O artista vigués Tono Carbajo realiza unha residencia artística en Cataluña para desenvolver a súa obra visual e sonora a partir de evidencias astronómicas