A Gran Muralla de termitas está en Brasil

No sertão do nordeste de Brasil, hai algo xigante, tan grande como a illa de Gran Bretaña, construído por seres diminutos desde hai 4.000 anos. É unha das estruturas máis grandes das que se ten noticia da Terra, incluso por riba da Gran Muralla China. E mesmo pode verse mediante os satélites. No medio da caatinga, a vexetación típica desta rexión brasileira (que mantivo parcialmente oculta esta gran construción) un equipo acaba de describir a escala real dunha enorme cantidade de montículos creados por termitas.

As termitas da especie Syntermes dirus traballaron centímetro a centímetro removendo unha cantidade de terra equivalente á que se precisaría para construír 4.000 pirámides como a de Giza. É, deste xeito, “o maior exemplo coñecido de ‘enxeñaría’ nun ecosistema creado por unha soa especie de insectos”.

Publicidade

A precisión matemática das termitas

Entre un montículo e outro (cada un deles duns 9 metros de diámetro) hai unha distancia media de 20 metros, o que produce unha densidade de 1800/km2 e un total estimado de 200 millóns de montículos (coñecidos no nordeste como murundus) en total.

A investigación que se publica agora na revista Current Biology amosa tamén unha harmonía matemática na construción destas estruturas. “Desde o aire, vese como forman un patrón, sempre cos mesmos diámetros e as mesmas distancias entre os murundus, sen tocarse”, explica un dos autores do estudo, Roy Funch, da Universidade Estadual de Feira de Santana, en Bahia.

Vista aérea dos "murundus" creados polas termitas. Fonte: Current Biology.
Vista aérea dos “murundus” creados polas termitas. Fonte: Current Biology.

“Ten unha escala semellante á da Gran Barreira de Coral, pero o chamativo é que isto está feito por unha única especie”, destaca Funch. Outra das curiosidades deste achado é a gran cantidade de conexións subterráneas que construíron as termitas para desenvolver estas estruturas e ter así acceso á súa principal fonte de alimentación, as follas das árbores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

De quen son os recursos naturais do espazo?

Na actualidade están a producirse desenvolvementos xurídicios a nivel nacional e internacional que parecen contradicir os principios do Dereito do Espazo