Unha cervexa con sabor a percebe

Deseño da cervexa de Estrella Galicia con sabor a percebe. Fonte: Estrella Galicia.
Deseño da cervexa de Estrella Galicia con sabor a percebe. Fonte: Estrella Galicia.

A marca Estrella Galicia presentou esta mañá en Corme, na Costa da Morte, a súa cervexa con sabor a percebe. O produto deuse a coñecer nun acto conducido polo humorista e actor Xosé Antonio Touriñán, no que se explicaron algunhas das propiedades desta nova bebida, desenvolvida polo departamento de innovación da cervexeira. No ano pasado, a empresa xa lanzara unha bebida con sabor a pementos de Padrón e outra de cabaza, para celebrar o Samaín.

O produto con sabor a percebe xa está á venda a través da web da empresa. Véndese en caixas de seis botellas, de 50 centilitros cada unha, a un prezo conxunto de 19,99 euros.

Publicidade

Segundo explica o fabricante, “as materias primas responsables do carácter mariño e iodado da cervexa engádense en diferentes etapas da súa elaboración. Os percebes de Corme, frescos e enteiros, incorpóranse durante a fervedura do mosto cervexeiro, achegando así todos os seus aromas e sabores”. Durante a maduración, entra en xogo o ramallo de mar, unha alga producida pola empresa Portomuíños, que se mestura mediante técnicas de secado e infusionado.

Para acadar o produto que sae á venda, os expertos cervexeiros sinalaron que se realizaron numerosas probas. Na maridaxe, a marca recomenda probar a cervexa xunto mariscos e peixes, o propio percebe con cachelos, a ensaladas que empreguen as algas como base ou o sushi.

Publicidade

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As dietas pobres en cereais, verduras e sementes elevan o risco de infarto

A alimentación deficiente foi a responsable de catro millóns de mortes por cardiopatía isquémica en 2023

Quefir ou iogur? Estes son os beneficios para a nosa saúde intestinal

Ambos os produtos son máis fáciles de dixerir que o leite, xa que parte da lactosa se consome durante a fermentación

Ciencia e cooperación para unha alimentación sostible: os resultados de Net4Food

A rede de colaboración entre Galicia e Norte de Portugal continuará a través do Iberian Food Lab
00:08:53

Net4Food, a alianza que conecta a innovación alimentaria de Galicia e Portugal

A I International FoodTec Conference é un paso máis para mellorar a transferencia de coñecemento entre grupos de investigación e entidades produtoras