A USC acolle o encontro das Unidades de Xestión das universidades españolas

O XIII Encontro da Rede de Unidades de Xestión da Investigación das universidades españolas (Rede UGI) terá lugar por primeira vez na Universidade compostelá dende este mércores 6 ata o venres 8. O encontro anual contará coa participación do reitor da USC, Antonio López.

As xornadas teñen como obxectivo reunir a profesionais e xestores das universidades españolas, así como expertos nas distintas áreas temáticas. Esta edición tratará temas como os custos indirectos da investigación nas universidades e a aplicación da Lei de Contratos do Sector Público. 

Publicidade

As xornadas contarán con catro sesións, nas que se tratarán temas como os custes da investigación nas universidades, as experiencias novidosas na xestión da investigación, a LCSP no ámbito da investigación nas universidades públicas e os modelos de financiación autonómica de I+D. Ademais, o programa inclúe contidos relacionados cos indicadores I+D na Universidade en España, os avances do Proxecto Hércules e información sobre a Axencia Estatal de Investigación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento