Unha enxeñeira galega, premiada por un estudo sobre grandes incendios forestais

A enxeñeira Cecilia Alonso, graduada en Enxeñaría de Montes polo Campus Terra da USC e investigadora do grupo de investigación Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS), acaba de ser distinguida cun accésit na última convocatoria dos Premios Universitarios Sociedade Española de Ciencias Forestais (SECF) ao mellor Traballo Fin de Máster Oficial por un estudo sobre os grandes lumes forestais rexistrados entre 2016 e 2016 no distrito forestal Verín-Viana.

O traballo de fin de máster realizado pola enxeñeira galega, dirixido polos profesores da EPS de Enxeñaría de Lugo Ana Daría Ruiz González e Stéfano Arellano Pérez, desenvólvese baixo o título ‘ Avaliación e cartografado da severidade dos grandes lumes ocorridos no distrito forestal XIV (Verín-Viana) entre 2006 e 2016’, unha investigación na que a autora analizou e estudou a severidade do lume cos índices de teledetección dNBR e RdNBR de 36 incendios forestais de máis de 200 hectáreas coas imaxes do satélite Landsat.

Publicidade

A investigadora estudou mediante imaxes por satélite a severidade de 36 grandes incendios forestais

O xurado encargado de fallar a última edición dos premios universitarios a través dos que a SECF pretende promover o estudo e o progreso das ciencias e técnicas forestais entre os novos investigadores, estivo presidido pola doutora Marta Pardos Mínguez. A catedrática do departamento de Produción Vexetal da USC e Rosa Mosquera Losada tamén formou parte do tribunal encargado de avaliar as preto de medio centenar de candidaturas presentadas a concurso.

Os doutores Juan Carlos Giménez Fernández, José María Climent Maldonado, Eduardo Tolosana Esteban e Juan Picos Martín completaron a nómina de integrantes do xurado dos Premios Universitarios SECF 2017, do que actuou como secretaria Míriam Piqué. A orixinalidade da temática, a metodoloxía de traballo aplicada, a relevancia dos resultados obtidos, o interese e grao de aplicación práctica, ademais da achega persoal na presentación das candidaturas e a súa calidade foron os criterios empregados polo tribunal á hora de emitir o seu fallo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024