O 27% dos adolescentes galegos sufriu acoso a través das redes

O 15,8% dos mozos presentan síntomas de adicción ás novas tecnoloxías, segundo un estudo publicado pola Universidade de Vigo

Un estudo galego sobre prevención da violencia de xénero a través de medios dixitais apunta a que un 27% dos adolescentes foron vítimas de ciberacoso. É un dos datos presentados pola Universidade de Vigo (UVigo) que fala sobre os riscos de acoso sexual nas redes, tras entrevistar a 666 mozos de entre 14 e 18 anos.

O documento detecta diversos comportamentos perigosos. Entre eles, o risco dos mozos ao acoso e á explotación sexual en contornas dixitais. Preto do 35% dos participantes presentaron condutas de grooming, e o 14,7% afirmaron ter practicado sexting —intercambio de imaxes ou vídeos cun contido sexual explícito—. En todos os casos, trátase de problemáticas cunha maior incidencia nas rapazas. “Pon de manifesto a necesidade de abordar estes riscos desde unha perspectiva de xénero nas estratexias de prevención e sensibilización”, di Manuel Isorna, un dos investigadores do estudo.

Publicidade

Un 16% presenta risco de adicción ás redes

Os resultados acadados sinalan varios outros aspectos en certa medida preocupantes, segundo os expertos. O 15,8% dos adolescentes presentaban, segundo os académicos, un risco de adicción ás redes. Neste ámbito non se atoparon diferenzas significativas en función do xénero. Estes resultados, subliña Isorna, “suxiren unha falta de control no uso das tecnoloxías dixitais e unha posible interferencia no seu benestar psicolóxico e académico”. 

Si rexistraron diferenzas entre mozos e mozas no referido ao consumo de pornografía a través da rede. Fíxoo máis do 50% da mostra e, en máis do 69% dos casos, foron os varóns os que accederon a este tipo de contidos.

Publicidade

En termos globais, preto do 91% dos participantes comezaron a empregar as redes sociais antes do 14 anos. Instagram e Whatsapp foron as primeiras plataformas empregadas, nun 42% e o 35% dos casos, respectivamente.

Machismo nas redes

O equipo investigador afirma que unha porcentaxe considerable dos adolescentes presentan condutas de risco relacionadas do uso de Internet e das redes sociais. Entre estas, hai síntomas de adicción, cun uso excesivo destas tecnoloxías ou medo a estar sen móbil (nomofobia). 

Por outra banda, o estudo pon de relevo que os resultados indican tamén que as crenzas sexistas, tanto hostís como benévolas, están presentes na poboación adolescente. Hai diferenzas significativas en función do xénero, xa que estas teñen unha presenza notablemente máis alta entre os rapaces. “Estes achados subliñan a persistencia de desigualdades de xénero e actitudes discriminatorias”, subliña Isorna. Para este, implica que perpetúan estereotipos nocivos e poden incrementar a exposición a riscos na contorna dixital.

Os resultados desta investigación resaltan, segundo Isorna, a urxencia de desenvolver programas educativos e de intervención dirixidos a adolescentes, familias e centros escolares. Tamén é importante, segundo o estudo, que estes inclúan a perspectiva de xénero. 


Podes ler a noticia do DUVI nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla