Que é e para que se usa ‘Instantáneas’, a nova función de Instagram

A rede social permitirá mandar a persoas ou grupos de amigos fotografías que desaparecerán ás 24 horas e que só serán visibles unha vez

Nova funcionalidade en Instagram. Chámase ‘Instantáneas’ e a través dela poderás mandar unha imaxe sen editar aos teus amigos. A aplicación permite enviar estas fotografías tanto a coñecidos como a grupos e terán un límite de tempo: 24 horas. Ademais, só permitirá unha visualización por persoa.

Esta nova posibilidade estará oculta na sección das mensaxes privadas, xusto ao carón da función de ‘Notas’. É por isto que non molesta demasiado, aínda que pode pasar desapercibido para algúns usuarios desta popular plataforma. Só tes que deslizar de esquerda a dereita na parte onde se atopan as notas, e xa poderás acceder a esta sección que, ademais, permite unha primeira proba sen consecuencias.

Publicidade

Unha das particularidades é que as fotografías non se poden editar. Non ten a posibilidade de, por exemplo, aplicar filtros ou de incluír calquera modificación. A intención é que sexa unha instantánea exacta e real de cara a compartir a túa visión ou experiencia da forma máis literal posible.

A aplicación permite mandar estas fotos entre persoas que se sigan mutuamente. Iso si, esta función está pensada para mandar a amigos concretos ou pequenos grupos. Por iso, cando realices a instantánea poderás elixir a quen queres enviala (e aparecerán diversas opcións, incluída a de mellores amigos). Isto inclúe a posibilidade de silenciar os usuarios que non queremos que as vexan en ningún caso.

Publicidade

Manter un rexistro

Unha diferenza importante cunha mensaxe dunha soa vez que, por exemplo, poida mandarse por WhatsApp, é que terá un historial. É dicir, que a persoa que comparte a fotografía poderá ver, durante 30 días, cales foron as imaxes que se mandaron por este sistema. Ademais, permite descargalas ou, tamén, eliminalas.

As instantáneas de Instagram son, en realidade, unha función a medio camiño entre unha historia e unha foto dunha única visualización. Aínda así, ten algunhas características únicas, como a imposibilidade de poder editalas. Tamén ten moito parecido coa idea que desenvolveu BeReal, na que tampouco podes modificar as imaxes e son visibles só durante un tempo determinado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Celta vs. Deportivo: dúas formas de reivindicar a lingua galega dende o fútbol

As estratexias de comunicación de ambos clubes buscan reforzar o vínculo coa afección e coa cultura do territorio a través do idioma

A Unión Europea propón prohibir as redes sociais aos menores de 13 anos e restrinxilas ata os 15

A nova EU Kids Act podería afectar a videoxogos e chatbots de intelixencia artificial e limitar os sistemas de retención de usuarios

Maite Taboada, colaboradora de Google: “O odio comeza por nós, o que fan as redes sociais é distribuílo”

A nova membro da Real Academia Galega de Ciencias é catedrática de Lingüística no Canadá, onde centra a súa liña de investigación na análise do discurso na rede e da desinformación

O proxecto EDIH DATAlife forma a máis de 600 profesionais en novas tecnoloxías en Galicia

A iniciativa de Feuga promove a transformación dixital das pequenas e medianas empresas con 21 cursos impartidos