UDC

Así se constrúe o dicionario científico en galego

Filólogos, profesores e matemáticos colaboraron para engadir ao dicionario da RAG 168 novos termos e acepcións relacionados coas matemáticas

O 72% das adolescentes galegas ten hábitos sedentarios

Un estudo realizado por docentes das universidades de Vigo e A Coruña apunta que este sector da poboación "considéranse máis activas do que realmente son"

Esta planta atopada en Fisterra pode ser a próxima gran especie invasora en Galicia

Os científicos advirten do avance da 'Alternanthera philoxeroides', orixinaria de Sudamérica, e que xa xera grandes problemas en China e Australia

As universidades galegas, nas 300 mellores do mundo polo compromiso medioambiental

A da Coruña é a mellor situada das tres, no posto 93; a UVigo está no 117 e a Universidade de Santiago de Compostela, no 268

As universidades de Vigo e A Coruña impulsan a Cátedra R de ciberseguridade

O proxecto impulsa a formación, a divulgación e a investigación neste eido a nivel interuniversitario

A cooperación científica Iberos entre Galicia e Portugal presenta os seus avances

O instituto, que aborda o envellecemento saudable a través da bioenxeñaría, celebrou unha reunión en Vigo

Así foi a agonía de Elba hai 9.300 anos

Os científicos que estudaron o accidente da muller do Mesolítico reúnense na Estación Científica do Courel para reconstruír as súas últimas horas de vida

Un día estelar para a astronomía galega

A Coruña foi elixida para organizar o Congreso estatal da disciplina en 2020, ao tempo que varios representantes galegos recibiron recoñecementos

O catedrático da UDC Ramón Doallo recibe o Premio Nacional de Informática

No acto celebrado en Madrid tamén recibiu o galardón de "Mozo investigador" David Vilares, outro científico da universidade coruñesa

Minia Manteiga, primeira catedrática de Astrofísica galega

A profesora da UDC, que participa no proxecto Gaia da Unión Europea, é tamén docente na Escola de Náutica da Coruña

#Reto5mil: a campaña para que os universitarios galegos doen sangue este xoves

As tres universidades súmanse a participar nunha campaña impulsada pola Axencia de Doazón galega e a Rede de Universidades Saudables

O avión que viaxará a 6.000 km/h empeza a idearse na Coruña

A Fundación Ingeniería Civil de Galicia, composta por empresas e institucións públicas, participa no proxecto europeo Stratofly

Científicas de toda España celebran este venres a súa asemblea na Coruña

A cidade acolle a reunión de AMIT, a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, que homenaxeará a Rosa Menéndez e Pilar García Negro

A Coruña acolle a un cento de expertos en DNA metabarcoding

​O Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da UDC celebra unhas xornadas técnicas sobre secuenciación masiva e bioinformática

O programa InTalent da UDC e Inditex devolve a Galicia a dous investigadores de excelencia

A bióloga Ana Rey e o filólogo Jorge Ledo, cunha ampla e prestixiosa traxectoria no estranxeiro, continuarán as súas carreiras na Coruña

A construción, unha segunda vida para o mexillón

Enxeñeiros da Universidade da Coruña idearon un módulo experimental no que empregan a cuncha do bivalvo como material de construcción