A USC, entre as 10 primeiras de España polo seu rendemento global

O U-Ranking, elaborado pola Fundación BBVA, avalía as actividades docentes e de I+D+i de cada universidade española

De entre 48 universidades públicas e 14 privadas, a sétima edición do U-Ranking situa á Universidade de Santiago entre as 10 mellores de España en función do seu rendemento global, definido a partir da avaliación docente, da actividade investigadora e na dimensión da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. De xeito específico, a Universidade compostelá sitúase na décima posición atendendo ao seu rendemento global, no que se agruparían as actividades docentes, de investigación e de innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Neste apartado, o ránking elimina os efectos do distinto tamaño das institución para facelas comparables entre si. Con este criterio, a USC comparte posición coas universidades Miguel Hernández de Elche, Alcalá de Henares, Navarra, Politécnica de Madrid, Lleida e Valencia, cun índice 1,2. No seguinte escalafón sitúase a Universidade de Vigo, cun índice 1,1, entre as 25 primeiras, e máis abaixo aparece a Universidade da Coruña, cun índice 1.

A USC tamén destaca nos resultados da avaliación da actividade investigadora, na oitava posición, ao mesmo nivel que Cantabria e Illes Balears. No capítulo específico da dimensión da Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, a institución compostelá ascende á décima posición nun grupo liderado polas universidades politécnicas e polas institucións máis orientadas pola súa natureza cara a transferencia de coñecemento ao sistema produtivo.

Publicidade

Completando o cadro de indicadores, Santiago tamén figura no quinto intervalo atendendo aos resultados de docencia, na parte media dunha clasificación que integran o 95% das institucións que conforman o Sistema Universitario Español en termos de número de estudantes de grao e examina preto de 3.000 graos e dobre graos.

Para avaliar a actividade docente, investigadora e de innovación e desenvolvemento tecnolóxico das universidades, esta clasificación considera catro ámbitos en cada unha destas tres grandes dimensións: acceso a recursos, produción obtida, calidade e internacionalización das actividades. Como explica U-Ranking, cada un dos catro ámbitos mencionados analízase a partir dunha serie de indicadores, en función da dispoñibilidade e idoneidade da información, segundo a dimensión que se está estudiando.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo da USC evidencia a xenética “singular e diferenciada” do can de palleiro respecto doutras razas

A análise do ADN revela unha elevada diversidade, moderada consanguinidade e marcadores que permiten reforzar a súa conservación

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Científicos galegos e arxentinos desvelan o potencial do cacho de gambón para protexer a retina

Un estudo desenvolve nanopartículas antioxidantes derivadas de residuos pesqueiros con resultados prometedores en probas in vitro

Novembro para descubrir, rir e namorar da ciencia en galego

A UVigo conmemora o Día da Ciencia en Galego cun programa de actividades que durará todo o mes