A galega Nieves Rodríguez Brisaboa, Premio Nacional de Informática

A catedrática da Universidade da Coruña ve recoñecido o seu traballo "de investigación e innovación relacionado coa xestión de datos"

“Polos seus traballos de investigación e innovación relacionados coa Xestión de Datos, así como polas súas iniciativas nos campos da transferencia de coñecemento en relación con empresas e institucións públicas, así como a creación de empresas de base tecnolóxica”. Nisto se baseou a decisión do xurado dos Premios de Investigación Científica Informática de España e a Fundación BBVA para entregar un dos Premios Nacionais de Informática á catedrática da Universidade da Coruña Nieves Rodríguez Brisaboa.

Deste xeito, a universidade coruñesa recibe por segundo ano consecutivo este galardón, despois do acadado en 2018 por Ramón Doallo, nunha edición na que tamén foi premiado, na categoría de Novos Investigadores o tamén informático da UDC David Vilares. Rodríguez Brisaboa foi recoñecida na modalidade Ángela Ruiz Robles, que leva o nome da mestra ferrolá que inventou un antecedente do libro electrónico.

Publicidade

Nieves Rodríguez Brisaboa é licenciada en Psicoloxía pola Universidad Complutense de Madrid (1979) e doutora nesta mesma especialidade pola USC (1993). Entre 1979 e 1987 foi profesora de Educación Especial e de EXB, unha etapa na que tamén puxo en marcha un pequeno centro de esta especialidade ligado a un colexio concertado. E mentres finalizaba o doutoramento en Psicoloxía, licenciouse en Informática pola Universidade da Coruña, onde se doutorou en 1997. Desde 2007 é catedrática da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos na UDC.

En 1991 incorporouse á UDC, institución á que segue vinculada. En 1996 creou o Laboratorio de Bases de Datos (LBD) que dirixe desde entón e que foi catalogado como como grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia. Entre outros resultados deste grupo destaca a implementación dun prototipo de ferramenta para comercio electrónico, así como outros resultados no marco das bibliotecas dixitais e dos sistemas de información xeográfica. Algúns dos resultados de investigación deste grupo transferíronse á industria  a través dunha spin off. A catedrática ten unha longa traxectoria como investigadora, con sete libros, 88 artigos científicos e 81 proxectos de I+D+i, ademais de participar en tres patentes de investigación.

Publicidade

Rodríguez Brisaboa tamén pertence á Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) e ten participado en actividades e iniciativas para fomentar a participación das mozas e mulleres nas titulacións relacionadas coa informática, unha das que posúe maior fenda de xénero.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como afrontar a posmenopausa: “O exercicio é a chave de ouro para protexernos”

O proxecto CARE da Universidade da Coruña emprega o adestramento de forza para mellorar a saúde cardiovascular nesta etapa vital

A verdadeira identidade do lobo cerval das lendas galegas: a UDC identifica restos do extinto lince boreal

Unha investigación arqueolóxica atopa nunha sima dos Picos de Europa un esqueleto case completo da especie, datado en 210 anos de antigüidade

Como detectar contaminantes na auga a través de materiais 3D: así é a solución da UDC

Investigadoras do CITENI desenvolven estruturas poliméricas que reteñen substancias nocivas e avalian a calidade do medio acuático

De histeria a psicofármacos: un estudo galego revela os nesgos de xénero que persisten nas consultas médicas

Unha revisión bibliográfica liderada dende a UDC demostra que, ante os mesmos síntomas, elas tenden a ser máis cuestionadas e diagnosticadas sen probas complementarias