Sábado 27 Abril 2024

Convocado o VI Premio “Contar a Ciencia-la Caixa” de comunicación científica

A Real Academia Galega de Ciencias convoca o certame, patrocinado por La Caixa e dirixido aos estudantes de comunicación das universidades galegas

Bota a andar a VI edición do premio de comunicación científica universitaria “Contar a Ciencia-la Caixa”. Un certame dirixido aos estudantes de comunicación das tres universidades galegas para fomentar o xornalismo científico entre os futuros profesionais do sector en Galicia, e dar a coñecer tamén a investigación feita aquí. A Real Academia Galega de Ciencias convoca o concurso, patrocinado por Obra Social la Caixa. “Contar a Ciencia-la Caixa” é tamén posibles grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia e a empresa Primux Tech, e está organizado por GCiencia.

Desde este luns 4 e ata o 31 de marzo, os candidatos poderán achegar un borrador das súas propostas a un formulario (ver ligazón) no que deberán propoñer a realización dunha reportaxe ou entrevista. Ao remate deste prazo, Gciencia seleccionará as propostas atendendo aos criterios de maior interese e orixinalidade do tema tratado, calidade expositiva e valor xornalístico, e comunicará a decisión aos participantes elixidos para que comecen a realizar os seus traballos. Este prazo estará aberto ata o 30 de abril, data límite para enviar as entrevistas ou reportaxes definitivas. Unha vez recibidas todas as candidaturas, os traballos publicaranse en gciencia.gal ao longo do mes de maio.

Publicidade

Premios

A comezos do mes de xuño emitirase o fallo por parte do xurado. Este estará encabezado polo presidente da Real Academia Galega de Ciencias, D. Juan Lema Rodicio, e estará integrado por representantes da Consellería de Educación, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), de ‘la Caixa’, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e GCiencia, así como por un investigador galego de recoñecido prestixio.

O gañador ou gañadora do concurso recibirá 500 euros en metálico, un smartphone IoxPhone P1 de Primux e un diploma acreditativo. O xurado escollerá tamén dous finalistas, que recibirán cadanseu equipo de altofalantes portátiles Sk-21 de Primux e diplomas acreditativos. O resto de concursantes seleccionados para elaborar os seus traballos tamén recibirán diplomas.

E neste formulario podes presentar a túa proposta, se cumpres cos criterios demarcados nas bases.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario