As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

As patacas teñen lingua propia. Ou iso di a investigadora Lucía Martín Cacheda, finalista do certame de divulgación Yo investigo. Yo soy CSIC cun vídeo sobre a comunicación química entre as plantas, especialmente as de patacas, e a súa resposta ante a infección por patóxenos. O vídeo, titulado A lingua das patacas, céntrase en explicar a liña de investigación que Martín Cacheda desenvolve na Misión Biolóxica de Galicia (MBG) no grupo de Ecoloxía evolutiva das interaccións planta-hervíboro. Ademais, a científica de Lalín é a única finalista galega do certame, que pechará o seu prazo de votación popular este xoves 29 de febreiro. A lingua das patacas é un dos 29 vídeos finalistas do concurso nacional de divulgación que convoca o CSIC.

“Polo momento, comprobei que as plantas alertadas a través de compostos orgánicos volátiles (COVs) presentan unha maior resistencia (unha menor porcentaxe de dano) ante a praga de verme soldado (Spodoptera exigua). Este feito resulta interesante á hora de barallar a aplicación artificial de COVs como unha ferramenta de uso agrícola para loitar contra pragas de maneira máis sostible, reducindo o uso de pesticidas químicos”, explica a investigadora galega, graduada en Bioloxía pola Universidade de Santiago (USC) e científica da MBG dende 2020, onde traballa cun contrato predoutoral para a formación de doutores.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri